Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

Comité de empresa de Nestlé en Pontecesures convoca huelga indefinida a partir do 1 de xuño

Por Plumilla ·

O comité de empresa de Nestlé en Pontecesures convoca huelga indefinida a partir do 1 de xuño en resposta ao expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará a 27 traballadores da planta galega da compañía.

A convocatoria surge como resposta á decisión da multinacional de aplicar un ERE que supón despedir a case o 14% da plantilla da fábrica de Pontecesures.

Os traballadores mostraron o seu desacordo coa decisión e cuestionaron a necesidade dos despidos, considerando que terá un forte impacto social e económico na comarca.

O período de consultas prolongarase até o próximo 4 de xuño e os sindicatos agardan reducir o número de afectados e garantir condicións dignas para as posibles saídas.

Fonte: Diario de Pontevedra

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.