
Hoxe “Onden viven os monstros” no Centro Social.

𝐎 𝐯𝐢𝐧𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝟐𝟕 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 podes desfrutar do clásico de Maurice Sendak, 𝑶𝒏𝒅𝒆 𝑽𝒊𝒗𝒆𝒏 𝒐𝒔 𝑴𝒐𝒏𝒔𝒕𝒓𝒐𝒔, adaptado para monicreques da man de Carmen Domech.
Unha historia chea de humor e diversión, na que Max, o protagonista, crea un mundo imaxinario no que os monstros non dan tanto medo como él pensa.
𝐃𝐢𝐫𝐢𝐱𝐢𝐝𝐨 𝐚 𝐧𝐞𝐧𝐚𝐬 𝐞 𝐧𝐞𝐧𝐨𝐬 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝟑 𝐞 𝟏𝟏 𝐚𝐧𝐨𝐬 𝐞 𝐩ú𝐛𝐥𝐢𝐜𝐨 𝐟𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐫.
Centro Social de Pontecesures
27 de decembro
19:00 horas
𝗔𝗰𝘁𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗹𝗮𝘂𝘀𝘂𝗿𝗮 𝗱𝗼 𝗖𝗲𝗻𝘁𝗲𝗻𝗮𝗿𝗶𝗼 𝗱𝗼 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲𝘀.



Pontecesures puxo o broche final á celebración do seu centenario cun emotivo acto de clausura no que se rendeu unha 𝗺𝗲𝗿𝗲𝗰𝗶𝗱𝗮 𝗵𝗼𝗺𝗲𝗻𝗮𝘅𝗲 á 𝗻𝗼𝘀𝗮 𝘃𝗲𝗰𝗶ñ𝗮𝗻𝘇𝗮 𝗺𝗮𝗶𝗼𝗿 𝗱𝗲 𝟵𝟬 𝗮𝗻𝗼𝘀, á𝘀 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲𝘀𝗮𝘀 𝗲 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲𝘀 𝗲𝗹𝗶𝘅𝗶𝗱𝗼𝘀 𝗲𝗻 𝗱𝗲𝗺𝗼𝗰𝗿𝗮𝗰𝗶𝗮 𝗲 á𝘀 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 que, ao longo destes cen anos, formaron parte das distintas corporacións municipais.
No acto estiveron presentes as persoas maiores homenaxeadas, símbolo vivo da historia da nosa vila. 𝗔 𝘃𝗲𝗰𝗶ñ𝗮 𝗺á𝗶𝘀 𝗹𝗼𝗻𝘅𝗲𝘃𝗮, 𝗖𝗮𝗿𝗺𝗲𝗻 𝗦𝗼𝘁𝗼 𝗣𝗮𝘀í𝗻, 𝗱𝗲 𝟵𝟵 𝗮𝗻𝗼𝘀, non puido asistir por motivos de saúde, estando representada pola súa neta Vanesa Castro Agrasar. Tamén acompañaron ás familias dos alcaldes, democraticamente electos, falecidos 𝗝𝗼𝘀é 𝗣𝗶ñ𝗲𝗶𝗿𝗼 𝗔𝗿𝗲𝘀 𝗲 𝗩𝗶𝗰𝘁𝗼𝗿𝗶𝗮𝗻𝗼 𝗧𝗿𝗲𝗻𝗰𝗼 𝗥𝗼𝗺𝗮𝘆, aos que se lles gardou unha lembranza especial.
𝗖𝗼𝗻𝘁𝗮𝗺𝗼𝘀 𝗰𝗼𝗮 𝗽𝗿𝗲𝘀𝗲𝗻𝘇𝗮 𝗱𝗼𝘀 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲𝘀 𝗲 𝗮𝗹𝗰𝗮𝗹𝗱𝗲𝘀𝗮𝘀 Manuel Luis Álvarez Angueira, María Isabel Castro Barreiro, Cecilia Tarela Barreiro, Juan Manuel Vidal Seage e da actual rexedora María Teresa Tocino Barreiro, 𝗮𝘀í 𝗰𝗼𝗺𝗼 𝗱𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗮𝘀 𝗲 𝗰𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗲𝗶𝗿𝗼𝘀 𝗱𝗮𝘀 𝘀𝘂𝗰𝗲𝘀𝗶𝘃𝗮𝘀 𝗰𝗼𝗿𝗽𝗼𝗿𝗮𝗰𝗶ó𝗻𝘀 𝗺𝘂𝗻𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗶𝘀.
Desde o ámbito político púxose en valor o servizo público, a procura do ben común e o traballo constante polo benestar da veciñanza. No caso das persoas maiores, recoñeceuse o seu esforzo, traballo e adicación, grazas ó que foi posible a evolución económica e social de Pontecesures ata converterse na vila que hoxe coñecemos.
Un acto de agradecemento, memoria e orgullo colectivo que pecha cen anos de historia compartida e abre o camiño cara ao futuro.
Concello de Pontecesures


