Información para consultas e modificación de datos no padrón municipal de habitantes.

Información ós/ás veciños/as sobre o contido dos seus datos padroais

Aprobada, por Resolución da Alcaldía de data 16/09/2011, a revisión dos datos padroais deste municipio,  notifícase colectivamente que, a efectos da información ós/ás veciños/as polo menos unha vez cada cinco anos sobre o contido dos seus datos padroais que establece o artigo 69.3 do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, na súa redacción dada polo Real Decreto 2612/1996, de 20 de decembro, a partires de hoxe e ata o día 31 de decembro de 2011,  os/as veciños/as poderán consultar nas oficinas municipais e sempre persoalmente, os seus datos persoais.

Transcorrido este prazo o Concello dará por cumprida a obriga, lembrando, sen embargo, que nas oficinas municipais do Padrón de Habitantes, os veciños/as sempre poderán consultar e modificar se fose preciso, so seus datos padroais persoais.

 

Excursión a Lira organizada polo Concello de Pontecesures.

O Concello de Pontecesures está a organizar unha excusión a Lira para  o vindeiro luns 3 de outubro aberta a tódolos/as veciños/as de Pontecesures. Para anotarse, nas Oficinas Centrais do Concello, ábrese o prazo o venres 23 de setembro, por rigoroso orde de inscrición para 50 prazas.

A viaxe terá as seguintes actividades e horarios:

–         Saida dende Pontecesures ás 8 da mañá dende o Coche de Pedra.

–         Ás 10 da mañá, subasta simulada na lonxa de Lira.

–         Ás 10.30 h. visita guiada á zona de marisqueo do percebe.

–         Ás 13 h. xantar a base de productos galegos.

–         Ás 16.30 h. visita á ??Casa do Pepe do Cuco?, casa mariñeira con exposicións e material relacionado co mundo do mar.

–         Sobre as 17.30 h. regreso cara Pontecesures.

–         Chegada prevista sobre as 19.30 h.

Dende o Concello de Pontecesures anímamos á cidadanía a participar nesta interesante actividade, totalmente gratuíta, ó ser subvencionada polo Programa ??Mar Achega? da Consellería do Mar. Neste programa trátase de mostrar o modo de vida das vilas mariñeiras.

 

O bando canino de ?ngel Souto.

NORMATIVA CANINA
?ngel Manuel Souto Cordo
Alcalde en funciòns de Pontecesures
fai saber;

Que ò abeiro da Lei 50/1999 de 23 de decembro desenvolvida polo RD 287/2002 de 22 de marzo e o Decreto de 28 de febreiro da Xunta de Galicia comunìcase que è de obrigado cumprimento por parte dos propietarios dos cans, as obrigas que a continuaciòn se indican:

-Identificaciòn e rexistro do animal.
-Cumprir en materia de seguridade cidadà e hixiene sanitaria.
-Non abandono, nin paseo dos cans soltos, sen bozo, ou sen correa en lugares pùblicos.
-Cumprimentar a licenza no caso dos cans potencialmente perigosos.

O incumprimento destas obrigas poderà dar lugar à incoaciòn do oportuno expediente sancionador e à imposiciòn das correspondentes sanciòns, no seu caso.
Asì mesmo, infòrmase òs posuidores dos cans que teñen à sùa disposiciòn nas oficinas municipais, toda a informaciòn que precisen realtiva a este tema.

Pontecesures, 8 de xullo de 2011

O alcalde en funciòns
?ngel Manuel Souto Cordo

Padrón retira publicidad.

Por orden de la Xunta Electoral, el Concello de Padrón retiró ayer banderolas colocadas en las farolas del casco urbano. Pertenecen a grupos de la oposición, que ya se quejaron públicamente por la retirada. Según el alcalde, esos puntos no estaban entre los escogidos para la publicidad.

LA VOZ DE GALICIA, 17/05/11