Anuncio do Concello de Valga sobre a pista de karting.

Por este copncrello estase tramitando expediente de autorización autonómica en solo rústico para construción e explitación de pista de karting, en terreo situado en Monte Pexegueiro (Casaldeirigo-Setecoros) correspondente á parcela 1.452 do polígono 25 e parte da parecela 218 do polígono 25, cunha superficie de 35.000 m2.
Así de conformidade co artigo 41.2.b) da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia, o expediente queda sometido a información pública por prazo de 20 días, a efectos de que se formulen cantas observacións e alegacións que se estimen convenientes.

Valga, a 2 de xullo de 2010

A Tte. de Alcalde: Mª Carmen Castiñeiras López

Subvención para contratar á secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures.

Logo da proposta da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, con data 21/04/2010 asinouse un convenio (con vixencia ata o 31 de decembro de 2010) entre dita Consellería e o Concello de Pontecesures no marco do disposto na Disposición Transitoria Primeira do Decreto 168/2008, do 24 de xullo, polo que se regulan as agrupacións das secretarías dos Xulgados de Paz.

? abeiro de dito convenio, a Consellería financia ao Concello de Pontecesures ata un máximo de 8.500,00 euros, para a contratación da secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures que leva desempeñando esta función dende hai moito máis de cinco anos, sen relación laboral algunha coas Administracións Públicas.

O obxecto deste tipo de convenio é dignificar as condicións de traballo dun colectivo que sen relación laboral está a desempeñar por un tempo superior aos cinco anos as secretarías dos xulgados de paz en localidades de menos de sete mil habitantes, e no devandito decreto se prevé a formalización destes documentos entre a Xunta de Galicia e as Administracións Locais para fomentar a contratación deste persoal.

Analizado o texto do convenio, e tendo en conta que a actual secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures reúne as condicións fixadas na Disposición Transitoria Primeira do Decreto 168/2008, xa que leva bastantes máis de cinco anos exercendo estas funcións, considerándose así persoal idóneo en termos do decreto, acordouse contratar a xornada completa, a Dª. Concepción Castro Cereijo, entre o 1 de xuño e o 31 de decembro de 2010, data en que remata os efectos do convenio, para desempeñar a función de secretaria do Xulgado de Paz de Pontecesures, na Casa do Concello, que é a sede de dito xulgado.

Todos los trámites municipales se podrán hacer a través de la página web de la Diputación.

Un plan permitirá a los concellos pequeños ofrecer administración electrónica

Se acabaron las colas para hacer burocracia. Todos los trámites administrativos con su Ayuntamiento desde el ordenador de casa o el trabajo al alcance de un click. La Diputación de Pontevedra va a desarrollar un proyecto de Administración Electrónica para que esto sea posible. Los ciudadanos podrán realizar todos los trámites administrativos municipales vía telemática. El proyecto se presentó ayer en la Diputación bajo el nombre de Plan e-Depo, la Administración en un Click.
El plan repercutirá de diversos modos en los ayuntamientos, en la ciudadanía y en la propia Diputación, porque será impulsado a nivel interno en la propia institución provincial y en los municipios de la provincia, especialmente en los de menos de 14.000 habitantes. En todos ellos serán informatizados la mayor parte de sus procedimientos administrativos. La accesibilidad quedará asi garantizada y se ofrecerán una serie de nuevos servicios telemáticos que permitirán a la ciudadanía realizar cualquier gestión sin tener que desplazarse de su domicilio.
A través de un portal del ciudadano en cada ayuntamiento, accesible e integrado en el portal que la Diputación, se pondrá en marcha a nivel interno. Así, la consulta por parte de los ciudadanos de sus datos privativos será totalmente acceseible. Se podrán tramitar solicitudes, obtener documentos de modo telemático, disponer de firma electrónica y digital, y configurar un sistema de gestión de expedientes tanto en la Diputación como en los concellos de menos de 14.000 habitantes.
El Plan e-Depo implicará la creación de una red intranet y la dotación de la infraestructura del nuevo centro de proceso de datos que la Diputación de Pontevedra montará en el edificio de la antigua sede de Educación y que dará servicio tanto a la propia Diputación como a los ayuntamientos asociados.
Este proceso, según explicó ayer el presidente de la Diputación, Rafael Louzán, pasará por la definición de sistemas y procesos de gestión y atención integral, personalizados y con capacidad para múltiples canales y lenguas, que ofrecerán respuestas y servicios a la ciudadanía.

LA VOZ DE GALICIA, 04/03/10

O Concello de Pontecesures recibe unha subvención para sufragar os danos do último temporal.

A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, ven de comunicar ao Concello de Pontecesures, logo da solicitude tramitada por esta institución, a concesión dunha subvención de 1.416,17 euros, ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2009 que regulou as axudas por danos provocados polo temporal en infraestruturas eléctricas de titularidade municipal.

Deste xeito, a administración autonómica concede unha subvención pola totalidade dos danos causados na noite do 23 de xaneiro de 2009. Houbo liñas e cadros danados na rúa Ullán, en Carreiras, na rúa Mimosas na pista do Regadio e outras. Incluso un eucalipto derrubou unha liña en Grobas ao caer por mor dos fortísimos ventos daquela noite. As reparacións xa foron realizadas no seu día e agora recibese con satisfacción a nova da concesión da subvención.