A Deputación contratou a tres dos seis traballadores que lle corresponden a Pontecesures no plan provincial de emprego.

Logo da entrevista de onte no Pazo Provincial seleccionouse a Carmen Tilve García, José María Martínez Caamaño e Estela Maris Comparada Mosquera para prestar traballos de peón no Concello de Pontecesures. Os traballos comezan no día de hoxe con contrato por cinco horas diarias con seis meses de duración.
Nos vindeiros, comezarán outros tres traballadores logo da entrevista que se vai realizar.