Concedida unha subvención para seguir contando cun axente de emprego e desenvolvemento local.

Para seguir contando con este posto no concello, solicituouse unha subvención á Consellería de Traballo e Benestar ao abeiro da Orde de 31 de agosto de 2009 dentro do Programa Operativo “Fomento do Emprego”.

Pois ben; no día de onte a xefa territorial da consellería en Vigo, Carmen Bianchi Valcarce, comunicounos a concesión dunha subvención de 21.562,90 euros que equivale ao 79,76% do custo laboral total deste traballador durante un ano incluida a cotización laboral á Seguridade Social.

Con satisfacción recibe a nova o goberno local, xa que a continuidade do axente de emprego e máis necesaria que nunca nestes tempos de incremento do número de desempregados e cando vai comezar un obradoiro de emprego que demanda unha atención preferente.

Pontecesures, 16/12/09
Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro de relacións institucionais

O belén de Campaña espertou gran expectación nos primeiros días.

Como xa é habitual, Valga volveu a ser un dos primeiros concellos da comarca en sumerxirse de cheo no espírito do Nadal. Hai xustamente unha semana inaugurábase en Campaña o Beleén Artesanal en Movemento, que xa cumpre 15 anos e fino batindo récords con más de 3.500 figuras distribuídas arredor de 250 m2 de superficie. A asociación “Amigos do Belén” traballou durante meses para volver a recrear, co seu particular estilo enxebre, o nacemento de Xesús. O resultado semella que foi bo: o blçén amósase aos visitantes con moita máis amplitude, con construcións espectaculares, como as novas casas colgantes, e sobre todo, recollendo a idiosincracia e as tradicións da vila.
A recreación da Batalla de Casal do Eirigo, co enfrontamento entre soldados franceses e locias, a capea de vaquillas na Festa da Xuventude, e o alcalde en Radio Valga, son as novidades que presenta este ano o Belén Artesanal. Quizáis por isto ou pola sona que acadou en toda Galicia, nos primeiros días rexistrou unha gran afluencia de xente, chegando a sorprender incluso aos propios organizadores.

DIARIO DE AROUSA, 13/12/09

Avelina Cordo Carril contratada coma limpadora polos programas de cooperación.

En Pontecesures, a once de decembro sendo as 10.15 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de persoal de limpeza do Concello de Pontecesures, formado polo Administrativo e Secretario Accidental do Concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará de Presidente, pola Traballadora Social Dna. Consuelo Ordoñez Martínez, que actuará de vogal, e polo Técnico de Emprego D. José Francisco Rodríguez Fructuoso, que actuará de vogal e secretario.

Estableceuse primeiramente unha ficha de datos persoais que cada un/unha dos/das aspirantes ten que cumprimentar, así como posteriormente a elaboración dun baremo, segundo os criterios de selección e baremación da Orden do 29 de decembro de 2008 que regulan os Programas de Cooperación no 2009 da Consellería de Traballo, dos que se xunta o modelo.

Iniciado o acto as 10.30 h. procédese a realizar as correspondentes entrevistas entre toda aquelas persoas candidatas que, de conformidade coa oferta remitida pola oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa, presentáronse: Avelina Cordo Carril; Mª Carmen Dieste Nera, Eva Mª Fernández Prol, Beatriz Lamas Blanco, Margarita Vieites Seoane.

Unha candidata indica que no estaba interesada no traballo, por razóns físicas por maternidade, e de horario: Margarita Vieites Seoane.

As catro candidatas restantes cubriron a a ficha de datos persoais, para a continuación proceder á realización dunha entrevista persoal con cada unha delas. A puntuación obtida polas aspirantes foi a seguinte:

                                                       BAREMO      ENTREVISTA          TOTAL
Avelina Cordo Carril…………………… 2.50                  2                          4.50
Beatriz Lamas Blanco…………………… 1.75                1.75                     3.50
Mª Carmen Dieste Nera………………..  0.75                 1.75                     2.50
Eva Mª Fernandez Prol…………………  0.50                  1.75                    2.25

Tendo en conta todo o anteriormente dito, resulta proposta para o posto de limpadora por este órgano de selección a Avelina Cordo Carril.

No caso de renuncia dalgún dos anteriores candidatos propostos, as vacantes cubriranse polo orden de puntuación que figura nesta acta.

De todo o cal exténdese a presente acta que en mostra da súa conformidade asinan os membros do tribunal.

Lista de desempregados que pasa á entrevista para seren alumnos do obradoiro de emprego de Pontecesures.

Saíu hoxe a lista con 70 persoas (lémbrase que son 33 as prazas a cubrir). 114 foron as que cubriron a cuestionario, e foron eliminadas nesta primeira fase 43 (outra presentou a renuncia).

A entrevista terá lugar o 15 de decembro con catro quendas (ás 9:30, 10:30, 11:30 e 12:30 horas).

CONVOCADOS PARA ÁS 9:30 HORAS
Alcalde Lojo, Rosa María
Barreiro Pesado, Josefa
Bernal González, Antonio J.
Boquete Rodríguez, Carmen
Cajaraville Pérez, Mª Fátima
Calvo Moreno, Mónica
Campos Rodríguez, Estrella
Campos Taibo, Mª Luz
Cascallar Lafuente Mª José
Castiñeiras Iglesias, Mª Carmen
Chenlo Carregal, Mª Carmen
Constantino Da Silva, Ana Belén
Da Rocha Pereira Aires, José Jorge
De Jesús Pardal, Mª Pilar
Dieste Mera, Mª Carmen
Domínguez Baleirón, José Antonio
Domínguez Baleirón, Mª José
Domínguez Chazo, Francisco
Eitor Grela, Mª Carmen
Elías Pazos, Mª Carmen

CONVOCADOS PARA ÁS 10:30 HORAS
Fabeiro Raposo, Eduardo
Fernández Buceta, Mª Carmen
Freiría Pardal, Josefina
Frieiro Portas, Víctor Manuel
García Cascallar, Pilar
García Jamardo, Ana Mª
González Castro, Margarita Florentina
González Rey, Natalia
Guimarey Oliveira, Herminda
Jamardo Lafuente, José Antonio
Jiménez Jiménez, Mª Luz
Labandeira Reibás, Mª Dolores
Lamas Blanco, Beatriz
Lesende García, Esther
Lestido Gerpe, Rosario
Lestido Quintáns
Lorenzo Jamardo, Mª Elena
Losada Blanco, Josefa
Loureiro González, Mª Luisa
Magariños Santiago, Mª Pilar

CONVOCADOS PARA ÁS 11:30 HORAS
Martín Cabrera, Nayra
Moreiras Agrasar, Mª Isabel
Moreiras Angueira, Mª Dolores
Mosquera Jamardo, Mª Teresa
Mota Rodríguez, Mª Luz
Naveira Pérez, Ramona
Otero Duarte, Rosario
Otero Rial, José Carlos
Pardal Miguéns, Orita
Pesado Taibo, Mónica
Refojo Marque, mª Vanessa
Rey Bargo, Mª Yolanda
Rey Enrique, Isaac
Rey Roldán, Mónica Karina
Rey Vázquez, Celia
Rodríguez García, Concepción
Rodríguez González, Verónica
Rodríguez Tubío, José Manuel
Rodríguez Viqueira, Mª Rosario
Saborido Liñares, Mercedes

CONVOCADOS PARA ÁS 12:30 HORAS
Sánchez Márquez. Mª Dolores
Sanmiguel López, Clotilde Mª
Santiago Castaño, Carmen
Serramito Fernández, Mª Esther
Silva Valiño, Almudena
Solís Álvarez, Vanesa
Tarela Barreiro, Benjamín
Vázquez Taibo, Verónica
Vilar Raindo, Mª Victoria
Villamarín Grela, Marcial

De cando o Neno Xesús escoitaba Radio Valga.

Desde hai 15 anos non hai Nadal sen o belén artesanal en movemento de Valga, polo que foron numerosas as persoas que asistiron o domingo 6 á súa inauguración no local social de Campaña para ver antes que ninguén, as sorprendentes novidades deste ano. José María Maneiro foi o primeiro en ficar coa boca aberta ó verse a si mesmo representado nos “Encontros co alcalde”, o programa de Radio Valga no que aparece co director, Héctor Bermúdez, e coa locutora, Lidia Gallas. A Batalla de Casaldeirigo e a capea de Vilarello, foron as outras novidades máis destacadas nun nacemento que elaboraron máis de 30 integrantes da asociación Amigos do Belén, durante os últimos dous meses. Poderá visitarse ata o 10 de xaneiro e a entrada é gratuita, aínda que a vella “Dio-lo pague”, recolle a vontade dos máis xenerosos unha cestiña.
Polo demais, unha voz en off relata a historia do nacemento de Xesús, mentres as figuriñas habituais recrean a historia por todos coñecida, na que non faltan os efectos especiais. E ó rematar e cando se poñen en marcha os mecanismos das historias máis enxebres e cotiás do municipio.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 09/12/09