PRIORITARIA sobre Avisos e Sociedade cando o tema é o traballo: ofertas de emprego, boletíns de ofertas, procesos selectivos, cursos de formación laboral, obradoiros de emprego, datos do paro e programas de inserción.
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar dúas liñas de axudas para o Servizos Sociais do Concello de Pontecesures. Así, ao abeiro do Plan de Confinanciamento dos Servizos Sociais Comunitarios Municipais 2023, o ente provincial concedeu unha axuda de 27.681 euros: 14.160 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) e 13.521 euros para gastos de persoal.
Por outra banda, o Concello de Pontecesures recibiu outros 9.300 euros ao abeiro das Axudas Básicas de Emerxencia Social 2023: 6.000 euros para gasto corrente e 3.300 euros para investimento.
Otros municipios que rompen la tendencia de los buenos resultados del mes de abril son Catoira, Cuntis y Pontecesures, en Ulla-Umia, y Ribadumia en O Salnés. Todos ellos ganaron tres parados con respecto al mes anterior.
Beneficiarias del programa de ayudas Emega de la Xunta compartieron sus experiencias, realizaron un tramo del Camino y celebraron una comida de confraternización en la capital del Sar
Una quincena de mujeres participaron este domingo en un encuentro en Padrón en el que pusieron en común sus experiencias, problemas y alegrías como emprendedoras. Todas ellas son beneficiarias del programa de ayudas Emega de la Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. En la capital del Sar recorrieron un tramo del Camino, hasta O Santiaguiño, donde «compartimos e aprendemos» de cada una de sus experiencias, además de celebrar una comida de confraternización.
En esta primera reunión participaron Mónica Seoane (de 20xVinte), Diana Lameiro (Centro Lingoreta), Eva López (Woman Emprende), Sonia Tubío (Tainos), María Martínez (Centro Fisioterapia y Rehabilitación María Martínez Paz), Ana Sambade (taxista), Susana Lodoño (Dalle que Dalle), Nancy Valdez (casa turística Mato), Cristina Villanueva (periodista autónoma), Isa Pazos (Alice et Moi), Beatriz Barril (Creativas Galegas), Bea y Yohana (Elefantes e Castelos), Lucía López (Abundanthia), Cristina Pérez y Ana Rojo (Despacho Multidisciplimar ABC). Fue un primer paso para reforzar esta red de mujeres emprendedoras, quienes tienen previsto celebrar otros encuentros en más icudades de Galicia «para que outras mulleres do territorio poidan participar», explican.
Representates do Concello e da Xunta xantaron onte co empresariado local
En Valga celebrouse este venres ao mediodía a habitual xuntanza de traballo entre o empresariado local e representantes do Concello e da Xunta para palpar as inquedanzas das industrias asentadas en Valga. Asistiron responsables de firmas como Urovesa, Extrugasa, Exlabesa, ODL, Transportes Jamardo, Transportes Touceda, Víctor Castiñeiras, Valdeza, Eldesa, Serrerías Rodríguez, Lema e Hormadisa -Barton e Intavalsa non puideron asistir por motivos de axenda-.
Os empresarios tiveron a ocasión de plantexar as súas necesidades a autoridades das administracións autonómica e local. A Xunta estivo representada pola conselleira de Promoción do Emprego, Mª Jesús Lorenzana; a secretaria xeral de de Apoio ao Emprego e Traballo autónomo, Covadonga Toca; e a secretaria xeral de Industria, Paula Uría. Por parte do Concello participaron na xuntanza, que debido á pandemia levaba sen celebrarse dende 2020, o alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Emprego, Carmen Gómez.
O rexedor sinalou que «é importante» estar en permanente contacto co mundo empresarial para coñecer de primeira man cal é «a súa realidade e para que os responsables das administracións poidamos adoptar medidas que sexan realmente efectivas á hora de mellorar a súa produtividade». Na mesma liña, a representante da Consellería de Economía, Industria e Innovación, Paula Uría, amosouse aberta a «colaborar» co empresariado valgués para favorecer o seu crecemento e competitividade.
Andrés Quintá, máximo responsable de Extrugasa e presidente da asociación de empresarios dos vales Ulla e Umia, foi o encargado de poñer voz ás problemáticas que afectan hoxe en día aos empresarios de Valga, principalmente un asunto recorrente dende hai anos: a carencia de solo industrial. «Un polígono en Valga é esencial para evitar a emigración de empresas fóra da localidade, atraer os investimentos e gañar en riqueza e emprego», destacou Quintá. Na mesma liña, lamentou «os continuos atrasos na aprobación de proxectos de ampliación das nosas instalacións», polo que reclamou ás administracións «unha tramitación rápida para evitar que se perdan oportunidades de negocio e se condenen proxectos estratéxicos».
O empresariado está a tamén a facer fronte á situacións que afectan ao conxunto da cidadanía, coma a subida dos custos de produción debido ao incremento do prezo dos combustibles, a electricidade ou as autopistas, o que «crea graves problemas». E a isto engádese unha eiva que vén de longo, como é a falta de man de obra cualificada. Quintá urxe unha «aposta decida pola Formación Profesional e que Universidade e empresas camiñen xuntas, reformulando o catálogo de ensinanzas para facelas acordes á realidade e ás necesidades empresariais e para promover a innovación e o desenvolvemento». A este respecto, a conselleira Mª Jesús Lorenzana concordou na importancia de «conseguir casar a oferta e a demanda de vacantes laborais que teñen agora mesmo as empresas, incorporándoas ao mundo das relacións laborais e ao deseño da formación para o emprego».