Acta de selección de auxiliar administrativo polos Programas de Cooperación 2007.

En Pontecesures, a 26 de setembro de 2007, sendo as 11 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de auxiliar administrativo, formado polo secretario accidental D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

(máis…)

Acta de selección de conserxe polos Programas de Cooperación 2007

En Pontecesures, a 26 de setembro de 2007, sendo as 12 h. reunido na Casa do Concello de Pontecesures o órgano de selección para 1 posto de Conserxe, formado polo secretario accidental do concello D. Ricardo Campos Saborido que actuará como Presidente, a Traballadora Social Dª Raquel López Doce que actuará como vogal; e D. José Rodríguez Fructuoso, Técnico de Emprego, que actuará como vogal e secretario.

(máis…)

A Asociación de Veciños de San Xulián asume os gastos da celebración relixiosa do día da Virxe do Pilar

Como en anos anteriores, esta asociación acordou asumir os gastos dos actos relixiosos que ocasiones a conmemoración do día da Virxe do Pilar a celebrar na Capela de San Xulián (misa, coro, procesión, piroctenia e pasarrúas). A Xunta Executiva xa fixo un chamamento para que os asociados que queiran contribuir a sufragar estes gastos, entreguen o seu donativo a calquera dos membros desa directiva.

Anunciase ademáis que haberá misas con novena na Capela de San Xulián dende o día 3 ata o día 11 de outubro, ámbolos dous días inclusive, e sempre ás 19 horas. Serán oficiadas polo párroco de Pontecesures, D. Arturo Lores Santamaría.
O día 12 (Día do Pilar) a Misa Solemne será ás 12 horas.

Actividades formativas para persoas adultas en Pontecesures.

Educación Secundaria para persoas adultas (ESA)

O Concello de Pontecesures informa de que está aberto o prazo de inscrición para as actividades formativas para adultos, consistentes en clases presenciais de preparación para a obtención do título oficial de Educación Secundaria para Persoas Adultas (ESA) ao que poden incorporarse todas aquelas persoas maiores de 18 anos, que queiran concorrer ás probas oficiais para obter o título de Graduado en Secundaria, curso 2007/2008.

Co Graduado Escolar acceden directamente ao 2º nivel de secundaria podendo obter o título nun só curso.

Con Estudios Primarios, EXB ou o primeiro ciclo da ESO sen rematar deberán realizar o 1º e o 2º nivel, podendo acadar a titulación en secundaria en dous cursos académicos.

As clases realízanse en horario nocturno.

Así mesmo, as persoas menores de 18 anos e maiores de 16 poderán matricularse no caso de que conten cun contrato de traballo e conten con autorización da Inspección Educativa para non continuar no réxime ordinario do ensino.

Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social de Atención Primaria do Concello de Pontecesures os luns, martes e venres de 9 a 13,30 horas.

Pontecesures, 13 de setembro de 2007

Bolsas de material escolar para alumnos/as de educación infantil.

O Concello de Pontecesures convoca estas bolsas para os alumnos/as deste curso 2007/2008.
O importe da axuda é de 60 ? por menor.

Requisitos:

* Cursar estudios de Educación Infantil (3 a 5 anos).
* Estar emnpadroados/as en Pontecesures.
* Que os ingresos netos da unidade familiar durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2006 foran inferiores a:

table(tabla).
|_. Nº de persoas|_. Ingresos anuais 2006|
|=. 2|>. 7.988,40|
|=. 3|>. 11.982,60|
|=. 4|>. 15.976,80|
|=. 5|>. 19.971,40|
|=. 6|>. 23.965,60|

Solicitudes:

Presentaranse do 12 ao 28 de setembro acompañadas da seguinte documentación:

* DNI do solicitante.
* Libro de familia.
* Certificados de empadroamento e convivencia.
* Xustificantes dos ingresos habidos en 2006 de tódalas persoas que conviven no domicilio (declaración do IRPF e/ou certificados de empresa, INEM, INSS,etc..)
* Xustificante do importe mensual do pago de aluguer de crédito hipotecario.
* Xustificante do curso no que está matriculado o/a menor.
* Datos bancarios.

Para máis información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao SSAP do Concello de Pontecesures, os luns, martes e venres, de 9 a 13,30 horas.