Algueirada actuou hoxe en Campaña.

Celebrouse en Campaña o día de Santa Cristina. O grupo Algueirada encargouse do pasarrúas e logo, ao remate da misa, houbo una actuación con pezas da gaita, pandeireta e baile. Na instantánea a interpretación dun baile no que houbo que utilizar máscaras e gardar o espazo de seguridade. Dende logo ninguén pensaría que chegaríamos a isto. A actuación, sen dúbida, será lembrada por todos dadas as circunstancias.

Mañá sábado tamén actúa Algueirada na celebración de Santiago Apostol en Campaña. Haberá pasarrúas á partir das 9:45 horas e actuación despois da misa na Igrexa Parroquial que terá lugar ás 13:15 horas.

RECORDATORIO: ESTE LUNS DIA 6 DE XULLO FESTIVO LOCAL EN PONTECESURES.

Coma todos os anos, o 1º luns do mes de xullo foi unha das 2 datas anuais escollidas por este concello coma festivo local. ben é certo que este ano, por toda a situación xerada pola crise do COVID19 vaise facer un tanto atípico, sen festas, pero ó igual que pasou con outras datas festivas en pleno confinamento (Semana santa, 1º de maio) este luns NON é laborable en Pontecesures.
Eso si, recordade que o uso das mascarillas é OBRIGATORIO tanto en interiores de locais comerciais, coma en exterior polas beiraruas se non se garantiza as distancias mínimas de seguridade.

Os socialistas cesureños preguntan polas festas do Carme.

A poucos días do primeiro fin de semana de xullo, tradicional comenzo das festas do Carme en Pontecesures, ainda non coñecemos, oficialmente, que se vai facer.Haberá un programa alternativo, pospóñense? Seguimos na mesma liña, desidia e pouco interese dun equipo de goberno absolutamente desaparecido e falto de ideas.

Socialistas de Pontecesures

FOGUEIRAS DE SAN XOAN.

COMUNICASE A todos/as os veciños/as que estén interesados/as en facer as tradicionais fogatas de San Xoan as mesmas PODENSE REALIZAR COA NORMALIDADE ACOSTUMADA . Para elo deben previamente pasar polas oficinas municipais para cursar a oportuna solicitude na que debe quedar recollido a persoa ou persoas responsables, así coma o emplazamento da fogata que se interesa. O último día para presentar esta solicitude remata o LUNS 22 ás 14 h. para poder darlle o trámite correspondente.Coma RECORDATORIO indicar que ESTÁ PROHIBIDA A QUEIMA DE TODO TIPO DE ELEMENTOS QUE SEXAN CONTAMINANTES O MEDIO AMBIENTE.