Asinados os convenios do PEIM e do PIR entre Medio Rural e o Concello e Pontecesures.

O PEIM 2009 asinouse pola alcaldesa de Pontecesures e o conselleiro Samuel Suárez o pasado día 6 de Novembro en Pontevedra. Vanse investir 60.644,97 euros en Pontecesures, afrontado este custo na súa totalidade a Xunta de Galicia. As tres obras incluídas son as seguintes: 1)Saneamento na zona dos Martingos en Carreiras, 2)Rexeneración do entorno ambiental do regato da Chancela en Infesta e 3)Ancheamento nun tramo da rúa Carlos Maside, nas proximidades da praza dos Valeiros de Porto.

Tamén asume o custo de 41.164,44 euros a Xunta de Galicia en base ao Plan de Infraestrutura Rural (PIR) da Conselleria do Medio Rural. O convenio entre o concello e a consellería foi asinado no día de hoxe en Santiago. As dúas obras incluídas son: 1)Rebaixe e pavimentación dunha pista no Outeiro da Toxa e 2)Acondicionamento de praza de subida a Requeixo en San Xulián.

O goberno local quere mostrar a súa satisfacción pola sinatura destes convenios, xa que estas actuacións son moi necesarias para estes lugares de Pontecesures. ? posible que sexan adxudicadas dentro deste ano.