Subvención de 2.000 euros da Deputación ao Náutico de Pontecesures.

O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o deputado delegado de Deportes, Jose Enrique Sotelo, entregaron onte contías económicas por un importe total de 85.500 euros a 21 entidades náutico-deportivas da provincia de Pontevedra. Non obstante, segundo especificou o titular da Deputación, “a nivel global a entidade provincial está a destinar 225.000 euros a 44 clubs náuticos de toda a provincia”.
Nas comarcas de Arousa e Caldas foron o Club Piragüismo Cambados (3.000 euros), Club Piragüismo As Torres ( 6.000 euros), Amegrove Club de Remo (5.000 euros), Club Breogán de O Grove (5.000 euros), Club Remo Mecos (5.000 euros); Club Piragüismo Illa de Arousa (5.000 euros), Club Náutico Pontecesures (2.000 euros), Club Náutico O Muíño de Ribadumia (5.000 euros), Club Náutico Sanxenxo (6.000 euros) e Club Piragüismo Portonovo (4.000 euros).

LA VOZ DE GALICIA, 03/11/09

Escrito á directora xeral de infraestruturas sobre as estradas autonómicas en Pontecesures.

O pasado día 10 de xullo solicitouse ao Conselleiro de Medio Ambiente Territorio, e Infraestruturas que a actuación na PO-548 se complete coa execución dos primeiros 500 metros da estrada (os que discorren por Pontecesures). Resulta incrible que se arranxe toda a recta de Campaña que ten uns 3 quilometros e pico, agás a parte da recta que discorre pola nosa vila. A obra de seguridade non pode quedar inacabada. Son moitos os veciños de Pontecesures que teñen que desprazarse a cotío pola beiravía desa estrada, sen beirarrúas (zona bastante poboada, pacientes do PAC de Baño-Valga. escolares, etc…). O perigo é considerable. Tiñamos o compromiso da antiga delegada da CPTOPV de que se ía realizar a obra, e comentamos esta circunstancia ao Delegado da Xunta, Sr. Cores Tourís.
Aínda que se nos contestou afimando que o tema está en estudo, non temos máis novas sobre o particular.

Por outra banda, tamén hai unha necesidade importante de reparar as beirarrúas da estrada autonómica PO-214 Pontecesures-Baloira. As actuais están destrozadas en algúns tramos xa que o ceder pequenos muros de contención sobre as fincas, as beirarrúas abriron, e así os buracos e o firme irregular obriga aos peóns a circular pola propia calzada co conseguinte perigo. A responsabilidade é importante en caso de sinistro, e a imaxe de abandono que transmiten estas beirarrúas é triste.

Tendo en conta que se están a investir importantes cantidades en seguridade viaria das estradas autonómicas, prégolle que se activen as xestións para que as melloras solicitades para a PO-548 e a PO-214 ao seu paso por Pontecesures sexan unha realidade canto antes.

Dous técnicos da Dirección Xeral de Sostibilidade visitaron onte Pontecesures.

Ao final non se pudo desprazar o Director Xeral, Manuel Borobio, e foron dous técnicos desta Dirección os que se reuniron na Casa do Concello con representantes municipais e técnicos desta institución.

Tratáronse varios aspectos relativos ao Plan de Ordenación do Litoral, e recolleron información cun percorrido por moitas zonas do municipio. Comprobaron ao detalle as zonas de desenvolvemento urbanístico situadas a menos de 500 metros da costa (as unidades de actuación números 1 e 2, con entrada pola rúa Victor García, o PERI nº 1, con entrada pola Avda de Vigo, etc..) e actualmente afectadas pola suspensión da normativa de litoral, e diversas cuestións do PXOM vixente. Como se pudo comprobar, estes terreos de solo urbano pendente de desenvolvemento, están situados despois de solo urbano consolidado en canto á liña costeira.

Agora haberá que esperar a decembro, en que se enviará aos concellos costerios galegos un avance do plan, para presentar suxestións e solicitar, se é o caso, o que proceda en canto ás suspensións ou levantamento das mesmas.

Luis Angel Sabariz Rolán

El BNG recibe apoyos a su enmienda de acondicionar el tramo entre A Ponte y Padrón.

El punto con mayor alcance del pleno de Padrón, fue la moción del BNG, que salió adelante para apoyar una enmienda del grupo nacionalistas en los Presupuestos del estado, de forma que se humanice el trayecto de la N-500 que separa A Ponte y la villa por importe de 1,2 millones.

Así, el edil Xoán Santaló destacaba al respecto de dicha enmienda que se trata “dunha vella aspiración das persoas que viven na Ponte e dos padroneses e padronesas. Temos que recordar que este tramo de estrada nin sequera ten arcén para os peóns. Moitas edificacións das marxes da estrada (expropiadas xa todas elas), están en ruínas e invadidas pola maleza, o que representa unha verdadeiro perigo para o tránsito. A imaxe de Padrón está desacreditada por esta situación”. Acababa su interlocución con un tajante “urxe actuar”.

EL CORREO GALLEGO, 31/10/09