A biblioteca xa conta coa calefacción.

Onte, día 22 de decembro, comezou a funcionar a calefacción da Biblioteca Municipal, situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó” de Pontecesures. A instalación correu a cargo dos alumnos traballadores do Obradoiro de Emprego “Pontecesures II” mediante na colocación no semisoto, recentemente acondicionado, dunha caldeira de biomasa (“pellets”), das tubarías e dos radiadores.
O ambiente, nestes dous días de frío, xa era outra cousa, e así o agradeceron os usuarios da instalación.

Entraron a roubar na biblioteca de Pontecesures.

Esta pasada madrugada entraron a roubar na biblioteca de Pontecesures, situada na rúa Raimundo García Domínguez “Borobó”. O asaltante ou asaltantes levaron dous ordenadores completos dos sete con que conta o servizo “Internet nas Bibiotecas”, una pantalla e a impresora do equipo do encargado da instalación e a terminal teléfonica do edificio. Entraron forzando unha contaventá e a ventá traseira correspondente.
Tivo que ser suspendida a sesión dun curso de informática que se está a celebrar nestas datas, pero arestora a biliboteca xa está aberta para os usuarios, xa que a Garda Civil realizou a primeira hora a inspección ocular, na que participou tamén a Policía Local de Pontecesures.
Nas videiras horas será presentada a denuncia, logo de detallar e avaliar os danos e as substraccións.