Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.385

Obras

La Diputación invierte 62.000 euros en la mejora de nueve caminos municipales en Pontecesures.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

La Diputación destina un total de 61.935 euros a la mejora del firme de nueve caminos municipales en Pontecesures. El objetivo de los trabajos, que debe contratar el Concello, es mejorar el firme de estas pistas y ensanchar aquellas en las que sea necesario. Todos estos caminos presentan un estado bastante deteriorado.

Diario de Arousa

Emprego

Los socialistas de Valga instan al alcalde a que reclame el céntimlo sanitario para invertir en empleo.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

El grupo socialista de Valga insta al alcalde que reclame el denominado céntimo sanitario para que ese dinero revierta en las familias del municipio y en la puesta en marcha de políticas activas de empleo. Solicitan que los técnicos del Concello determinen la cuantía recuperable de ese impuesto contrario a derecho, según la UE.

Diario de Arousa

Emprego

Algueirada actuou no 75º aniversario da fábrica de Nestlé en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Onte, día 14 de xuño, para conmemorar o 75º aniversario houbo na fábrica de Nestlé de Pontecesures unha xornada de portas abertas que rematou cunha comida de confraternidade á que foron convidados os traballadores, e extraballadores da empresa. Nas instalacións da propia Nestlé actuou ao mediodía o grupo folclórico cesureño Algueirada.

OLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERAOLYMPUS DIGITAL CAMERA

Obras

¿Que foi da aula TIC do Concello de Pontecesures?.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

2014-06-12 21.00.09-1-1

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER, concedeu en 2012, ao abeiro dunha liña de axudas para proxectos dinamizadores de áreas rurais de Galicia (fondos europeos), unha subvención de pouco máis de 14.000 euros, subvención do 90% do custo total, para un proxecto integral dunha sala multiusos dixital a instalar no semisoto da Casa do Concello (Aula TIC).

En maio de 2013, e logo do procedemento licitatorio, o concello adxudicou a actividade por 14.908,01 euros dos que a AGADER subvencionou o 90% de dito importe, aproximadamente, e o concello o resto. Acondicionouse con estes cartos o local para a aula e subministráronse 15 ordenadores novos co mobiliario correspondente.

Presentou o goberno local a bombo e platillo a aula cando en xullo de 2013 anunciou que se ía celebrar nas novas instalacións un curso de iniciación á informática para a terceira idade, e incluso na nota publicada se nos falaba da “flamante aula” xestionada e conquerida polo goberno local.

Pois nin flamante nin gaitas; o aula TIC xa non existe e tan só queda o cartel colocado no exterior da porta de entrada so semisoto da Casa do Concello. Apenas houbo un curso máis, e no inverno pasado, ao parecer, estropeouse a alimentación dos ordenadores pola humidade e averiáronse os equipos.

A esta agrupación parécelle moi grave o ocorrido denunciando a desastrosa xestión que está a realizar o goberno que temos. Fallou a previsión en canto as condicións do local pero é que, ademais, os ordenadores, que foron adquiridos cunha subvención finalista de fondos públicos para formar parte dun aula de informática ao servizo da poboación, non sabemos que condicións presentan e se están adicados a outros usos alleos á subvención concedida. O certo é que no local do semisoto do Concello non están.

Prégase que se instalen con toda urxencia os 15 ordenadores na aula TIC para que estea operativa de inmediato. Ademais de privarlle do aula á veciñanza, estase a incumprir o destino da subvención concedida en 2012 e pode o concello ter responsibilidades económicas, e doutro tipo, diante do órgano que subvencionou a actuación por culpa dunha xestión tan lamentable do goberno municipal.

Pontecesures, 14/06/14

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures