Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.671

Cultura

Percorridos das procesións de Semana Santa de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

PROCESIÃ?N DA CONFRARÍA DA VIRXE DAS DORES

A procesión sairá ás 11 horas do día de Venres Santo da Praza dos Valeiros de Porto, percorrendo logo as rúas Deputación, Portarraxoi e San Lois, para chegar á Plazuela. A Virxe e os confrares esperarán diante do Bar Carabela, para estar na Plazuela cando o predicador comeze a exposición da terceira das palabras do sermón. Os demais acompañantes entrarán na Plazuela ás 12:00 horas facendo un corro a carón da casa da familia Trasande.

PROCESIÃ?N DA CONFRARÍA DA CRUZ (XOVES)

A procesión sairá ás 11:00 horas da rúa Víctor García nas proximidades do Bar Muelle, percorrendo logo as rúas Sagasta e San Lois para chegar á Plazuela. Entrarán directamente na praza e colocaranse no descanso das escaleiras coa Cruz mirando para a Plazuela.

PROCESIÃ?N DA CONFRARÍA DO NAZARENO

A procesión sairá ás 10:30 horas de Carreiras (casa de Edelmira), percorrendo logo as rúas Regueiro de Portas, Ensanche, Camiño de Carreiras, Ullán, San Lois, Estación, Rosalía de Castro, Sagasta, de novo San Lois, para chegar á Plazuela.

Cultura

Semana Santa 2013 en Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

XOVES SANTO (28 de marzo)

-19:00 h. Cena do Señor.
-22:00 h. Hora Santa. Ao remate sairán as imaxes da Virxe das Dores e do Nazareno para Porto e Carreiras, respectivamente.

VENRES SANTO (29 de marzo)

-Ás 10:30 h. sairá de Carreiras a procesión do Nazareno.
-Ás 11:00 h. sairá de Porto a Procesión da Virxa das Dores.
-Ás 11:00 h. sairá da rúa Víctor García a Procesión da Cruz dos Xoves.
-Ás 12:00 h. Sermón do Encontro na Plazuela a cargo do reverendo pai D. Antonio Sineiro.
-Ás 19:00 h. Paixón do Señor.

SÁBADO SANTO (30 de marzo)

-Ás 21:30 h. Vixilia Pascual

Sociedade

Contestación ao concelleiro de educación sobre as deficiencias no CPI Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Nos medios de comunicación de hoxe, 26 de marzo, aparecen unhas afirmacións do concelleiro de educación de Pontecesures, Roque Araújo, relacionadas coa denuncia pública realizada por este concelleiro polo lamentable estado de conservación do muro perimetral de peche do CPI Pontecesures, (tramos caídos, varillas oxidadas soltas con perigo para os nenos, maleza que invade a malla, etc…).

Pois ben; desexo matizar o seguinte:

1. O Sr. Araújo nos fala que as deficiencias denunciadas son cuestión de “rutina” do “día a día”. Nada máis lonxe da realidade: son deficiencias que xa levan meses sen reparar con riscos para os alumnos e con vergoña de todos. Ademais bastantes pais e nais de alumnos trasladaron a este concelleiro as queixas ante a inoperatividade habitual do goberno local para resolver estes asuntos.

2. Trata o concelleiro de educación de desacreditarme considerando nada menos que enfermizo denunciar estas graves deficiencias. Pois teño que dicirlle que, precisamente, facer este tipo de informacións é fundamental nas tarefas de oposición de todos os concellos co fin de que os gobernos municipais resolvan os asuntos.

3. Soportan mal o Sr. Araújo e o goberno local o labor de oposición. Pois a miña obriga é seguir realizando as funcións de concelleiro como integrante da oposición (así o decidiron os veciños cando me presentei ás derradeiras eleccións) en beneficio de Pontecesures e da súa veciñanza a pesar de que fun afastado das comisións informativas por un goberno que non conta coa oposición para nada. Así o decidiron os veciños cando me presentei ás derradeiras eleccións

4. En lugar de descualificarme o Sr. Araújo o que ten que facer e xestionar o arranxo do muro do colexio para que se repare canto antes. Para iso cobra unha retribución todos os meses que lle pagamos todos os cesureños. Moitos dos veciños non entendemos que teñamos, por primeira vez na historia de Pontecesures, un concelleiro de educación con dedicación exclusiva. E se por enriba pasan estas cousas, moito menos.

Pontecesures, 26/03/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Sociedade

Araújo afirma que â??estamos enribaâ?� de las deficiencias en el colegio para repararlas.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Pontecesures /

Una de las deficiencias en el cierre denunciadas por acp

Las deficiencias en el cierre trasero del colegio de Pontecesures, que durante el fin de semana denunció el edil Luis Sabariz, ya estaban en conocimiento del gobierno municipal, afirma el concejal de Educación, Roque Araújo, que añade que â??estamos enribaâ?� de las necesidades del centro escolar para repararlas â??canto antesâ?�. Los desperfectos en el cierre â??foron comunidados á brigada de obras hai máis de tres semanasâ?�, sostiene, y podrían ser reparadas aprovechando esta semana no lectiva si las condiciones meteorológicas lo permiten. En cuanto a la reposición de un cristal roto, â??foi solicitada á Consellería de Educación o 21 de febreiroâ?�, revela.
Araújo cree que estas cuestiones â??de rutina, do día a día, non merecen ser publicitadasâ?�, acusando a Sabariz de â??necesitar dun xeito case enfermizo aparecer nos mediosâ?�. El concejal de Educación asevera que la sintonía con la comunidad educativa es buena, organizando actos en común para mellorar a oferta educativa en Pontecesuresâ?�.

DIARIO DE AROUSA, 26/03/13