PONTECESURES: ALLEGRO MA NON TROPPO.
Juan Manuel Vidal Seage
DIARIO DE AROUSA, 02/03/13
Coa perspectiva que otorga o tempo é fácil ver na frase do actual alcalde de Pontecesures o día da súa toma de posesión, cando auguraba que unha nova era estaba a comezar, o primeiro síntoma do desastre que estaba por vir.
En todas as épocas da humanidade a política fai extraños compañeiros de cama. Vénenme á mente aqueles inicios de campaña coa preceptiva pegada de carteis que coloreaban a nosa vila con carteis que repetían como un mantra que â??en Pontecesures había futuroâ?� (imperfecto engadiría eu..) xunto ós dos outros compañeiros de singladura política que xa vaticinaban no â??Para que gañe Pontecesuresâ?� o que efectivamente se cumpliu, e foron finalmente os que hoxe ocupan posto de goberno neste triunvirato, a xeito de cómo fai 20 séculos o fixeran Cesar, Pompeyo e Craso, os que máis saíron ganando, asegurándose uns nada desdeñables emolumentos por cinco horas de traballo.
Decía Cicerón que a testemuña da conciencia é para mín de maior precio que todos os discursos dos homes, e a miña razón lévame a pensar, ó igual que moitos cesureños que a situación que agora vivimos foi claramente en caída libre nestes últimos tempos.
Sorprende a â??política de buffeteâ?� a que nos teñen acostumbrados nestes últimos dous anos o equipo de gobernó, picando aquí e acolá segundo lles convén, subindo en dous anos as taxas municipais, sen reparar por outro lado en adicar unha parte importante do orzamento municipal a gasto corriente, ou a nula capacidade de captar recursos doutras administracións que se traduzan en investimentos e melloras neste pobo noso.
Teño a impresión de que Pontecesures está a convertirse en â??marca blancaâ?�, motivado polo nulo compromiso dos nosos gobernantes municipais co comercio local, lamentable xestión da â??cousa públicaâ?�, pouca eficacia na asignación de recursos públicos, un goberno municipal desunido e esgotado nas súas ideas, un alcalde ausente, e unha xestión basada na rutina.
E nesta boudeville tan triste do que somos testemuñas os cesureños, onde aínda non sabemos se finalmente a festa gastronómica con máis sona do pobo que ensalza o seu máis prezado producto se levará a cabo este ano ou non, a última nova da que teño constancia é que na última convocatoria de subvencións para dotar de desfibriladores semiautomáticos ás instalacións deportivas da provincia por parte da Deputación de Pontevedra, o concello de Pontecesures non presentou solicitude algunha para dito menester.
Mágoa que os rapaces do Clube Nautico, fulbol, baloncesto e tantos outros que participan en actividades deportivas nas instalacións municipais non teñan acceso a estes sistemas de seguridade, que sí terán outros concellos máis involucrados e proactivos con estes asuntos.
Quizais se María Yudina, a única pianista que facía chorar a Stalin, non tivera morto hai tempo, non estaría de máis que dera un concertó no noso pobo, andamos un pouco faltos de sensibilidade últimamente.




