Aclaracións do grupo municipal do Partido Popular de Pontecesures referente á convocatoria da Mesa Local do Comercio.
Coñecida por medio da prensa escrita a convocatoria da Mesa Local do Comercio de Pontecesures o pasado 19 de decembro, e donde se acusaba ó concelleiro do Partido Popular, Vidal Seage de enganar á cidadanía, este concelleiro desexa expoñer o seguinte:
a) A nova na prensa fai referencia, segundo o seu titular, a “â??Buscan â??emprendedoresâ?� para cuatro puestos vacíos de la plazaâ?�” aludindo a que esta foi unha das iniciativas que se adoptaron na celebración da devandita reunión da Mesa Local do Comercio celebrada, segundo a nota de prensa, o pasado 19 de decembro.
Pois decir que, a xuizo do que isto escribe, mal empezamos cando publicamos a necesidade de â??emprendedoresâ?� un mes máis tarde da toma desa decisión da mencionada mesa local, e motivada pola nota de prensa do grupo popular.
Da a sensación de que se tratara dunha â??reunión clandestinaâ?�, cando o que se debera ter feito é darlle a máxima difusión ás conclusións que se adoptaron, e, como é o caso, informar de postos baleiros na praza de abastos por se algún comerciante estivese interesado en ocupalo, ou senón ¿cómo tiñan pensado que eses â??emprendedoresâ?� se deran conta..?.
Xa nos ten acostumbrado este equipo de goberno da súa suficiencia á hora de implementar medidas â??per seâ?� prescincindo de calquera aportación que, con máis ou menos acerto, lles poida dar a oposición; o que resulta xa máis insólito é que non se faga publicidade de ningún tipo destas convocatorias nin das conclusións e medidas encamiñadas a mellorar o comercio na nosa vila.
b)No referente á â??enganar á cidadaníaâ?�, decir que a Mesa Local do Comercio constituiuse o pasado 6 de novembro de 2011, debendo, seguundo o texto legal, convocarse antes do 6 de novembro de 2012.
Pois ben; pese a ser convocada o 19 de decembro como se recolle na prensa, indicar que afirmar o incumprimento da devandita lei non é enganar a cidadanía, é a constatación de que se convocou con máis dun mes de retraso ao que está legalmente estipulado.
Queda patente, unha vez máis, que o de contar días e prazos non está a ser o forte deste equipo de goberno.
Pontecesures, 18 de Xaneiro de 2013
Juan Manuel Vidal Seage
Voceiro Grupo Municipal PP.


