Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 1.774

Obras

Vaia imaxe da vila.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Nestas imaxes tomadas na tarde de hoxe pódese apreciar que o persoal muncipal de limpeza non pasou esta mañá pola estación de FFCC de Pontecesures. ? realmente triste observar como os numerosos usuarios do tren que temos hoxe durante todo o día teñen que soportar esta situación de insalubridade na estación (lixo de caixas, bolsas e botellas) e tamén imaxinarse que dirán da nosa vila as persoas das cidades do Eixo Atlántico ao decatarse diso cando para o tren do estado do andén principal. O goberno local pasando de todo. Así nos vai.

Sucesos

Entraron no edificio do Club Náutico na pasada madrugada.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Na madrugada do 13 ao 14 de outubro un ou varios descoñecidos entraron, forzando a pechadura, no edificio municipal do Club Náutico, situado na rúa Eugenio Escuredo de Pontecesures. Ao parecer non levaron nada, e só causaron desperfectos na pechadura e na máquina expendedora de bebidas que tentaron forzar.
Tamén nesta pasado madrugada tentaron forzar a pechadura dun establecemento comercial da rúa Portarraxoi sen que lograran entrar no mesmo.

Política

Mañá pleno ordinario en Pontecesures. O goberno local a rebufo das iniciativas dos demais.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O luns, 15 de outubro, ás 13:00 horas temos pleno extraordinario en Pontecesures coa seguinte Orde do Día:

1. Actas anteriores.

2. Moción da ACP sobre complemento da prestación económica na situación de incapacidade temporal do persoal ao servizo do Concello de Pontecesures.

3. Moción sobre a prestación económica na situación de incapacidade temporal do persoal ao servizo do Concello de Pontecesures instada ao equipo de goberno polos delegados sindicais.

Con data 05/10/12 tivo que presentar a ACP a moción sobre estes complementos xa que esgótabase o prazo para adoptar o acordo o 15 de outubro, e, coa inoperancia habitual deste goberno, non había proposta algunha a pesar de que xa no pleno ordinario de xullo a ACP habíase interesado por este tema.

O día 9 do mes que andamos foron os delegados sindicais os que tiveron a iniciativa de presentar a proposta que figura no punto 3 da Orde do Día, que practicamente coincide coa de ACP xa que en ámbolos dous casos propóñense as maiores retribucións aos traballadores nos casos de baixas por enfermidade.

Pois ben; na Comisión Informativa de Asuntos Xerais do 10 de outubro dictamináronse as dúas mocións favorablemente e así van ir ao pleno do vindeiro luns (por certo, non pudo ir defender este concelleiro a súa moción na comisión, pois foi excluído das mesmas polo goberno local).

Agora, sorprendentemente, nos atopamos con dúas mocións coincidentes pola falla de iniciativa do equipo de goberno nun principio, e agora pola falla de coordinación. A moción debeu ser presentada no pleno ordinario do 24 de setembro por parte do goberno local e aforraríamos os custos de celebrar un pleno extraordinario o luns contra reloxo por cuestións de prazos.

Xa temos de novo ao goberno local actuando “a toque de cornetín” da oposición, e neste caso tamén dos sindicatos. E a tónica xeral destes últimos meses.

Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures.