Novas anteriores · páxina 2.089
El gobierno local titubea en el asunto de los badenes y se abstiene en la comisión del 23 de octubre.
Encontro de corais
“A BARCAROLA” de Pontecesures desplazase hoxe a un encontro de corais que se vai celebrar en Serra de Outes, un encontro con outras corais de Fecoga, invitados pola coral Montemar.
Coroa e loa poética para Pinto d´Herbón dende A Matanza.
Pasaron xa dúas décadas daquel famoso tema Nitramón quinse, quinse, quinse enmarcado no movemento musical do rock bravú ou agro-rock, según se mire, co que o padronés, natural de Herbón, Daniel Alexandre Vecino, coñecido artísticamente polo alcume de Pinto d´Herbón, se dera a coñecer no panorama nacional. Amigo inseparable doutro icono do bravú, Manu Chao, e autor doutros temas como
Paviméntame ou A Motoserra, deixaría cos anos -aínda que non de xeito definitivo- o bravú para
adicarse a outra expresión artística galega, a regueifa, que segue a cultivar, enseñar e espallar por Galicia.
Onte xente da cultura vinculada ao mevomento bravú rendíanlle un emotivo homenaxe na Cas Museo Rosalía de Castro, na Matanza. Un recoñecemento cargado de emocións, experiencias e lembranzas, e donde non faltou a música nin a arte de improvisar rimas. Tampouco faltou a figura dunha Rosalía viva que conduciu o acto e levou ao homenaxeado polos recunchos da casa.
Xurxo Souto, Josito Pereira, Luis Correa, Paola Beiro, Sofía Tarela, Xosefa de Bastavales, Anxo Angueira…, non faltaron á cita. Manuel Rivas ou Manu Chao excusaron a súa ausencia. O primeiro mandou un poema para a ocasión, e o segundo colgou un twitter. Entre emoción e emoción, non faltou o agasallo do homenaxeado, quen presentaba “Ghasolina”. Tamén deixou claro que hai futuro na regueifa. O seu fillo maior arrincaba unha sorprendendo ao respectable, mentres Xosefa de Bastavales coroaba poeticamente ao rapeiro e regueifeiro padronés.
El Correo Gallego
Lista provisional da candidatos ao xurado do municipio de Pontecesures.
Dende o día 15 de outubro e ata o día 31 deste mes que andamos, atópase exposta ao público no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Pontecesures a lista provisional de candidatos a xurados ata o 31 de decembro de 2016 logo do sorteo celebrado. Integran a lista as seguintes persoas:
Ramón Boquete Serrramito
Remedios Chazo Piñeiro
María Teresa Ferreiro Magán
Natalia González Rey
Luis Lorenzo Míguez
Aida María Pardal Carbia
Ricardo Riveiro Pérez
María Consuelo Torrado Rey

