Morreu Peregrina Vieites Rúa.

Aos 93 anos de idade morreu esta veciña de Porto (Taberna de Vieites). O velorio está instalado na sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. O sábado 3 de novembro, ás 17:00 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa Parroquial de Pontecesures e de seguido o traslado dos restos mortais ao cemiterio parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

BALONCESTO: HORARIOS DOS EQUIPOS DO CB RIO ULLA NESTA FIN DE SEMANA

  • Senior Zonal: Partido Domingo 04/11 contra o Estudiantes de Pontevedra, en Pontevedra, ás 19 h.
  • Xunior Masculino: Partido Sabado 03/11 contra o Estudiantes de Pontevedra, en Pontevedra, ás 18 h.
  • Xunior Femenino: Partido Domingo 04/11 en Pontecesures, contra Basket deza de Lalín, ás 17 h.
  • Cadete Masculino: Partido Domingo 28/10 en Pontecesures, contra o CB Dorna de A Illa, ás 19 h.
  • Infantil Femenino: Partido Sabado 03/11 en Pontecesures, contra o CB Vilagarcia, ás 12 h.

Teatro Chévere conmemora o día contra a violencia de xénero en Pontecesures.

O espectáculo de música e teatro I’ll be watching you: os roles de xénero nas cancións de amor, a cargo de la compañía de teatro Chévere, chegará a Pontecesures o vindeiro martes 6 de novembro. Dita representación serve para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro. Este acto está destinado a alumnos e alumnas de secundaria do CPI Pontecesures e terá lugar no Centro Social a partir das 11 da mañán.

Deste xeito, Chévere continúa a súa xira por diversos concellos de Galicia co apoio da Secretaría Xeral da Igualdade con este espectáculo dirixido especialmente a público xuvenil, que conta en escena con Patricia de Lorenzo e Manuel Cebrián.

I’ll be watching you é un proxecto pedagóxico, teatral, lúdico e musical do grupo Chévere, que analiza os valores que moitas veces se agochan detrás das baladas románticas, cuestionando os estereotipos ríxidos de home e muller que non contemplan outras opcións, a cosificación da muller, os celos como proba de amor, a connivencia coa violencia e o sentimento de propiedade sobre a outra persoa. Fala das relacións de igual a igual frente ás que non o son, da autoestima, da necesidade da reacción das propias mulleres para poñer fin á violencia de xénero.

Yeni é a vocalista e Dami o guitarrista dunha orquestra de pachanga. Veñen ofrecer o típico repertorio versioneando os éxitos do pop actual, esa música coñecida por todo o mundo e supostamente neutral, apolítica. Entre tema e tema, Yeni introduce o relato da súa propia experiencia vital como muller,facendo participar ao público dunha nova e crítica lectura dos valores que transmiten as cancións que canta.

 

 

Una empresa de Pontecesures busca carretillero encargado de almacén.

La oficina de empleo de Vilagarcía y Concellos como el de Valga se hacen eco de diversas ofertas de empleo con las que intentan ayudar a la población. Destaca la búsqueda de un carretillero, que es una especialidad que goza de gran cantidad de seguidores cada vez que se organiza un curso formativo. En este caso es una empresa de Pontecesures la que precisa un carretillero encargado de almacén que va a ocuparse de la recepción y preparación de pedidos, así como de la colocación de mercancía “a seis alturas con carretilla elevadora”.

Ayer había ya 192 personas inscritas para acceder a esta oferta de empleo.

FARO DE VIGO, 02/11/12