Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.391

Sociedade

Tadavía non coñecemos á directora pedagóxica da gardería municipal.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

No día de hoxe recibeu este concelleiro, a través da alcaldía, unha invitación da “dirección e as traballadoras da Escola Infantil Municipal de Pontecesures” para asistir ao festival de Nadal da escola que terá lugar o día 20 do mes que andamos no polideportivo municipal.

A verdade e que quedei sorprendido polo térmo “dirección” da invitación pois, como xa foi exposto aos medios, xa imos para catro meses dende que comezou o curso e non coñezo á directora, como tampouco a coñecen os demais integrantes da oposición municipal, moitos pais/nais, e a comunidade educativa en xeral.

A alcaldía facilitounos o nome da directora pedagóxica en setembro pasado (logo de solicitalo por escrito) pero en dúas ocasións presentámonos os concelleiros da oposición no centro e alí non estaba a directora. Considérase así que se está a incumprir a normativa que indica que a directora ten que asistir ao centro a diario como o restante persoal da gardería.

Hai máis dun mes que foi denunciado este feito nos medios, e nin por parte do goberno local, nin da fundación adxudicataria do servizo, deusenos explicación algunha do que estaba a suceder. Segue sen coñecerse á directora pedagóxica e iso prexudica, obviamente, a formación dos alumnos/as.

Polo exposto, este concelleiro non vai asistir ao festival do Nadal. Suponse que nesta festa sí estará a directora, pero non desexo participar nesta especie de “paripé”. Cando ten que estar a directora, é nos labores docentes de todos os días. A miña ausencia é a forma que teño de expresar a queixa polo que está a suceder.

Pontecesures, 18/12/13

Luis Ángel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP Pontecesures

Obras

Pontecesures tendrá alumbrado navideño a partir del sábado.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

El sábado comenzará a funcionar el alumbrado navideño instalado por trabajadores del Concello de Pontecesures en las calles centrales de la villa. Esta misma semana, ACP criticó la ausencia de decoración, instando al tripartito a apoyar al sector comercial en estas fechas señaladas. El Ejecutivo afirma que la colocación de luces ya estaba prevista y agradece a los comerciantes que también hayan contribuído a embellecer las calles.

Diario de Arousa

Festas

O Concello de Pontecesures coloca alumeado de Nadal nas rúas centrais.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

O concelleiro Roque Araújo informou onte que “tal e como estaba previsto” a instalación do alulmeado de Nadal nas rúas centrais de Pontecesures terá lugar o vindeiro sábado pola mañá. Así completarase o que colocou a brigada de obras. “Esta actuación complementa a decoración levada a camo polos comerciantes locais, tal e como se acordara no seu momento”.

Diario de Pontevedra

Esquelas

Morreu Alfonso Barreiro García.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Aos 76 anos de idade morreu este cesureño no día de hoxe. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia e mañá día 19 de decembro, ás 17:00 horas, terá lugar a misa funeral na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán logo sepultura no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.