Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 2.438

Política

Louzán explica que se trabaja en designar a los cabezas de lista para todos los municipios.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

El presidente provincial del PP, Rafael Louzán, explicó que ya se han definido los nombres que encabezarán las listas para las elecciones municipales del próximo año en los concellos de más de 20.000 habitantes, y que el partido trabaja ahora en la definición de los del resto resto de los municipios.

DIARIO DE PONTEVEDRA, 15/08/10

Deportes

David Cal habla sobre André Oliveira.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Con quien no pudo fue con el joven Oliveira.

Estaba convencido de que ganaria el mil, tal y como pasó, pero no lo estaba tanto en el 200. André es joven y anda muy bien en el 200. Tuve una mala salida, pero fue culpa mía. Me ganó bien. Espero que en el futuro estará mejor. De todas formas, no quedé descontento del todo con mi actuación en la prueba corta. Vamos, que no me desanimo.

LA VOZ DE GALICIA, 15/08/10

Festas

Deserto o premio do concurso “Busca do Tesouro” das Festas de Porto 2010.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

O concurso, celebrado o sábado 14 de agosto, tivo unha gran participación (nada menos que 14 equipos de 5 ou 6 integrantes). Houbo pistas en moitos lugares de Pontecesures como o Camiño do Regadío, Carreiras, rúa do Pilar de San Xulián, Ponte Romana, etc…e o tesouro estaba no parque da praza dos Valeiros de Porto. A proba foi moi divertida, pero como houbo persoas que fixeron desaparecer nos lugares as bolsas coas pistas para varios dos equipos que tiñan que seren presentadas ao final, o xurado considerou que o premio de 200 euros quedase deserto.
A impresión dos participantes foi moi boa, e para novas edicións vanse tomar medidas para perfeccionar o sistema co obxecto de que non se repitan as incidencias do sábado pasado.

Festas

A imaxe de San Roque será trasladada a Porto o xoves, 19 de agosto.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Será en procesión, despois da misa rezada que se celebrará na Igrexa de Pontecesures ás 19:30 horas. A imaxe sairá pola rúa San Lois e continuará por Otero Acevedo, Carlos Maside, praza dos Valeiros e rúa dos Mariñeiros, ata quedar instalada no altar que se prepara todos os anos no patio da familia Vieites.

Obras

Unha avaría nesta mañá do 15 de agosto, motivou un corte de auga na rúa Patifas.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Entre ás 8 e as 11 horas de hoxe, 15 de agosto, non tiveron auga os veciños dunha marxe da rúa Patifas, por mor dunha avaría que xa foi arranxada. As tubarías nesta rúa están deterioradas e cada vez é máis necesaria a renovación da conducción que se vai levar a cabo dentro da obra de acondicionamento da rúa Patifas (actuación do fondo anticrisis da Deputación).