O Concello de Pontecesures ten que devolver ao Estado 63.882,32 euros.
Con cargo á Participación de Tributos do Estado 2008, Pontecesures percibiu en 2008, 429.371,66 euros. Na páxina do Ministerio de Economía e Facenda ven de publicarse a liquidación definitiva desta participación en dito exercicio, que ascende a 365.489,34 euros. En consecuencia ten que devolver 63.882,32euros.
Eso ocorre porque o Goberno Central foi demasiado optimista nos cálculos da recadación fiscal. A crise botou por terra as previsións e agora pasa isto.
A FEGAMP está a solicitar unha moratoria para que as cantidades se comecen a devolver en 2012.

