Festa da Lamprea: Tocata e fuga.

Nunca participei da idea de que os éxitos gastronómicos camiñaban da man da abundancia.
Relía hai uns días un artigo nunha revista económica sobre os bens chamados Giffen, unha rara clase de produtos que aumenta o consumio cando aumenta o seu prezo. Non é este o caso que nos ocupa, aínda que unha das condicións que se requerían para que un ben fose considerado Giffen era que debería darse unha escaseza de bens sustitutivos deste, cousa que si ocorre no caso da nosa lamprea do Ulla.
Sorprende, non obstante, que os organizadores desta edición teñan utilizado a vella estratexia de diminuir o prezo do produto cuxa oferta non é constante ao longo do tempo pretendendo incrementar a súa demanda.
Elo conleva unha doble perversión, por unha banda desvirtúa enormemente o status do produto (similar razoamento sería que os produtores do caviar Beluga, ante a diminución da producción iraní deste produto entrarán nunha dinámica de diminuir o seu prezo para facelo asequible a calquera mortal..) e por outra banda, senta un mal precedente de cara a futuras edicións en donde a abundancia deste vampiro do Ulla faga pensar en subir de novo os prezos das racións. Considero demasiado errático este razoamento.
Sorprendente é tamén que outras localidades cunha equipa de goberno nacionalista, onde a lamprea rivaliza coa lamrea do Ulla, teñan chegado a parecida conclusión e levado a cabo rebaixas no custo das entradas á festa de degustación da lamprea.
Son partidario de que a escaseza de recursos debe ser suplida por unha boa dose de imaxinación.
Semella que nesta edición esa imaxinación foi substituída por improvisación convertendo o que deberá ser unha festa gastronómica de referencia no mapa gastronómico do país en un pseudo-catering onde por un prezo estrela moita xente mercou a lamprea e optou por degustala no seu domicilio motivando certo aspecto desolador nas carpas instaladas.
A escasa difusión da festa xa era un comentario habitual estes días, e non sendo por algunha inserción publicitaria nalgún medio escrito (en páxina que é onde menos repercusión ten este tipo de publicidade, e que algún dos membros da organización como proveniente do mundo publicitario debera coñecer…) e a cartelería (que atrévome a dicir, se a memoria non me falla, que é a mesma que se utilizou noutra edición da festa hai xa anos…), houbese pasado desapercibida.A conservación e a potenciación do patrimonio etnográfico debe ser unha máxima dos gobernos municipais sexan da cor que sexan.
Atrás quedan aquelas edicións nas que importantes persoeiros do mundo do espectáculo, a comunicación e as letras teñen loubado este manxar prezado xa polos romanos no século V a.c. e cada día dóeme comprobar que vai perdendo interese para os gobernantes actuais.
Espero sinceiramente que en vindeiras edicións se tome máis en serio esta festividade gastronómica e convirta a Pontecesures en santuario gastronómico e á lamprea do Ulla en Santo Grial de temporada.

Juan Manuel Vidal Seage
VOCEIRO DO PARTIDO POPULAR DE PONTECESURES

O voceiro do BNG en Santiago cualifica de “aprendices de inquisidores” ós membros do Goberno de Santiago por suprimir o Correlingua.

Rubén Cela considera censura pura e dura a retirada da subvención municipal ó Correlingua. Cela sostén que é un caso “similar pero peor, porque había unha axuda que xa estaba comprometida e que fora aprobada por unanimidade”. Ademais suliñou que “non só se lle nega a aportación económica, senón o apoio loxístico que consistía na colocación dun palco. Por se fora pouco, vanlle dar o mesmo trato que a unha manifestación”. Para o edil, o executivo compostelán chegou “a un nivel de sectarismo e ataque á lingua galega sen precedentes”.

EL CORREO GALLEGO. 28/03/12

La Festa da Lamprea desata una batalla entre el PP y el gobierno de Pontecesures.

La Festa da Lamprea ha desatado una batalla política en Ponteceusres. Abrió el fuego el portavoz del PP en este ayuntamiento, Juan Manuel Vidal Seage, a través de un comunicado de prensa en el que lamenta la “dobre perversión” a la que ha sido sometida la fiesta gastronómica al rebajar los precios de las raciones. Esta decisión “desvirtúa o estatus do produto”, a la vez que “senta un mal precedente de cara a futuras edicións nas que a abundancia deste vampiro do Ulla faga pensar en subir de novo os prezos daa racións”.
A esta réplica responde el gobierno local, a través de Cecilia Tarela. “Rabaixamos o prezo, pero é que a ración tamén se rebaixou”, argumenta la concejala. “O tamaño das lampreas non era o de outors anos”, argumenta.
Seage afirma, también, que el gobierno tripartito ha convertido “o que debera ser un referente no mapa gastronómico do país nun pseudo-catering onde por un prezo estrela moita xente mercou a lamprea e optou por degustala no seu domicilio”. No están de acuerdo con esa apreciación los resposables del gobierno cesureño. Roque Araújo, por su parte, destaca que “todo o pobo estivo cheo de xente”, una idea en la que abunda Cecilia Tarela cuando explica que “os restaurantes estiveron cheos, aquí e ata en Valga”
La edila, responsable de la organización del certamen, también dio respuesta a las declaraciones en las que Seage lamentaba la falta de promoción que ha tenido la presente edición de la fiesta y la inexistencia de programa. “O que non pode ser é que nunha etapa de crise sse gasten os 45.000 euros na celebración dunha festa”, replica Cecillia Tarela, quein avala el éxito de esta edición en el hecho de que se consummieron todas las raciones “e o ano pasado sobraron, sendo poucas máis lampreas”.

LA VOZ DE GALICIA, 28/03/12