Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 262

Sociedade

O PSOE denuncia que Valga está «ao borde do abismo» pola débeda municipal.

Por Redacción ·

María Ferreirós, portavoz do PSOE de Valga

Alerta de que os proveedores tardan ata 99 días en cobrar as súas facturas e critica a suba das taxas municipais que vén de aprobar o pleno

Opleno celebrado o luns en Valga, no que se aprobou unha suba das taxas municipais, segue dando que falar. «A veciñanza paga, en forma de subas indiscriminadas de impostos, esta mala xestión municipal», indica a portavoz do PSOE, María Ferreirós. A concelleira alude a un informe do interventor municipal sobre a conta xeral 2022 que indica que «a situación económica límite do Concello de Valga, que por sexto ano consecutivo, segue incrementando a débeda municipal ata situala no borde dos tres millóns de euros ao tempo que o colectivo de autónomos e empresarios que prestan servizos tardan cada vez máis en cobrar». No 2022, o prazo de pago aos provedores oscilou entre os 33 e os 99 días dependendo do mes.

«Segundo o informe da Intervención, o remanente de tesourería total é negativo por importe de -611.607,29 euros. Polo tanto, Valga incorre en incumprimento da estabilidade orzamentaria e precisa financiamento adicional. Deste xeito, Valga, con case total seguridade, rematará o ano solicitando un novo crédito bancario para cubrir o burato», engade a socialista.

A débeda total do Concello ao remate do ano pasado alcanzou os 2.927.247,40 euros; a débeda actual a curto prazo é de 642.668,68 euros, mentres que outros 543.467,69 euros correspóndense con débeda a longo prazo. Os anticipos da Deputación sen xuros e as obrigas pendentes de pago suman outros 1.741.111,03 euros, segundo os datos que vén de facer públicos o PSOE.

«Estes números evidencian que estamos ao bordo do abismo e que a única xestión económica deste alcalde é a fuxida para adiante nunha bola de neve de números vermellos. Todo ito indica que o concello de Valga terá que obter maiores recursos futuros para atender o exceso de gastos, e dicir, o concello é incapaz de afrontar as súas débedas o fin do exercicio. O interventor municipal no seu informe determina que ou ben se teñen que reducir gastos ou incrementar ingresos», engade Ferreirós.

La Voz de Galicia

Obras

Incidencias no subministro de enerxía eléctrica de Pontecesures o domingo, 15 de outubro.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

Para realizar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica necesarias para poder satisfacer as necesidades de abastecemento da zona nas mellores condicións, informamos que o vindeiro día 15 de outubro de 2023, en horario de 5:00 a 6:30 horas, empresa subministradora procederá a pór fóra de servizo unha serie de instalacións, que poden causar interrupcións na súa subministración eléctrica durante ese intervalo de tempo.As instalacións eléctricas obxecto de descarga afectan ás seguintes rúas ou lugares:

SAN XULIÁN – PONTECESURES – (CASTELAO Nº 1, 2; ESTACIÓN Nº 2, 15; ROSALÍA DE CASTRO Nº 13)

Rogamos desculpen as posibles molestias ocasionadas.

Concello de Pontecesures

Obras

Mellora de dotacións no pavillón de Pontecesures.

Por Redacción ·

O pavillón polideportivo, ten novas proteccións para as canastras de mini basket, redes, un aro novo dunha canastra que estaba rota, estanterías para a organización da roupa e novos enchufes no cuarto do material.
O Concelleiro de Deportes Alberto Rivas, e o presidente do CB Rio Ulla, Juan Bautista Otero, estiveron no Polideportivo Municipal na entrega deste material, e valorando a situación do clube neste inicio de temporada
Queremos agradecer a labor de promoción do deporte que realizan, e parabenizar o crecemento que está tendo o baloncesto local sobre todo na súa base.

Concello de Pontecesures

Novidades

Pontecesures no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

Por Redacción ·

O 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲𝘀, representado pola alcaldesa 𝗠𝗮𝗶𝘁𝗲 𝗧𝗼𝗰𝗶𝗻𝗼, ven de participar no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que abriu o novo ciclo 2023-2027 cunha Asemblea Xeral na que se aprobou por unanimidade a composición da nova Comisión Executiva.

O equipo técnico da entidade repasou as accións que se están a promover, comezando polos proxectos de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur Global. Nestes intres, estanse a apoiar sete actuacións directas ou a través de ONGD galegas no Sáhara, Mozambique, Guinea-Bissau, Guatemala, Nicaragua e El Salvador. Ademais, nas vindeiras semanas persoal dos concellos de Boiro, Lousame e Pontedeume compartirán os seus coñecementos cos parceiros en terreo a través do programa Especialistas en Cooperar. Tamén se celebrará na Illa do Príncipe o IV Foro da Cooperación Municipalista da Lusofona e organizarase ademais unha misión aos campamentos de persoas refuxiadas saharauís na que políticas e políticos das deputacións e concellos están chamados a participar.

Presentouse tamén en primicia a campaña ‘313 Olladas Solidarias’ que o Fondo Galego desenvolverá neste último trimestre por toda Galiza; tamén o II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, organizado en Lugo coa participación de máis de 200 asistentes, ou as recentes visitas de delegacións chegadas Brasil, Italia, Príncipe e da República Árabe Democrática Saharauí para intercambiar experiencia♻️ Por último, na área de educación para a cidadanía global cobra especial protagonismo o proxecto europeo People & Planet, que busca involucrar á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático a través de actividades como consellos xuvenís, comunicación de guerrilla, performance, debuxo urbano, cociña sostible, concursos de vídeos e murais, exposicións virtuais ou os futuros obradoiros para a localización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A xuntanza pechouse lembrando as ferramentas comunicativas que ofrece o FGCS, como son as súas rrss.

Concello de Pontecesures

Esquelas

Falleció Ramona Mouta Duyos.

Por Redacción ·

Ilustración de sección

A los 71 años falleció el pasado viernes la vecina de Cortiñas, viuda de de José Gómez Bravo. Ayer sábado recibió sepultura en el cementerio parroquial de Santa María de Herbón.

Descanse en paz.

Política

O Concello de Pontecesures ultima un proxecto alternativo ao polígono industrial de Tarroeira con vivenda e zonas verdes.

Por Redacción ·

A proposta semella ir na liña da que no segundo lustro deste século promovera a Consellería de Vivenda na época do bipartito PSOE-BNG na Xunta de Galicia

OConcello de Pontecesures descoñece o punto no que a día de hoxe se atopa o proxecto de polígono industrial no lugar de Tarroeira impulsado polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), entidade dependente da Xunta de Galicia. Un proxecto que orixinou a oposición frontal dos veciños da zona e mesmo do Concello de Valga, co que lindan parte dos 326.000 metros cadrados que ocupará a iniciativa da Administración autonómica de plasmarse o seu plan orixinal. Algo ao que se opón o novo goberno local xurdido das eleccións do pasado 28 de maio, cun bipartito BNG-PSOE liderado pola nacionalista Maite Tocino dando un xiro radical á postura de apoio pechado á proposta do IGVS que mantiña o tripartito conservador encabezado por Vidal Seage (PP) no anterior mandato.

Maite Tocino afirmaba onte que «non sabemos en que está traballando a Administración autonómica» logo do revés que supuxo o informe, preceptivo e vinculante, que emitiu a Subdirección General de Explotación de la Dirección General de Carreteras do Estado a comezos da última primavera. Informe desfavorable que advertía da obriga dun estudo de tráfico e, no caso dunha afección significativa, dunha proposta de medidas correctoras para manter o nivel do servizo e da seguridade viaria, neste caso do treito da N-550 afectada polo proxecto.

Así as cousas, lonxe de manterse á espera, o novo goberno local leva meses traballando nun plan alternativo á construción do polígono que lle presentar ao IGVS para a zona de Tarroeira. A previsión de Maite Tocino é poder facelo antes de rematar este ano.

Fronte a pretensión do IGVS de encher o groso dos 326.000 metros cadrados con actividade industrial, previsiblemente pesada, a rexedora de Pontecesures exporá un plan que inclúa catro vectores de desenvolvemento: construción de vivenda colectiva, instalacións deportivas, zonas verdes e reserva dunha zona para negocios destinados a actividade loxística, comercial ou de servizos. Desta maneira, sinala Tocino: «Atenderemos catro necesidades que ten Pontecesures, aproveitando as zonas inundables da Tarroeira como espazos verdes» e facendo fincapé no tema da vivenda, por canto, engade, «a realidade é que Pontecesures ten unha demanda altísima tanto para alugueiro como para compra e non hai promoción de ningún dos dous tipos».

A proposta semella ir na liña da que no segundo lustro deste século promovera a Consellería de Vivenda na época do bipartito PSOE-BNG na Xunta de Galicia e respaldada polo goberno local espello en Pontecesures. Con todo, Maite Tocino subliña que se ben a filosofía é a mesma, o seu contido «está adaptado ás necesidades actuais de Pontecesures».

La Voz de Galicia

Política

NON SE DEFENDE O QUE NON SE SINTE. NOTA DO PP DE PONTECESURES.

Por Redacción ·

Que para o BNG e PSOE que o turismo en Pontecesures nunca foi algo que lles preocupara moito non é nada novo.Se xa no seu día o PSOE e o BNG se opuxeron á construcción do actual albergue, para o BNG e o PSOE de agora o asunto Mar de Santiago e a contorna do río tamén lles da un pouco igual. Basta ver as condicións nas que se atopa o entorno do pantalán de pasaxe que mal que lles pese, a diario soporta a chegada de centos de peregrinos a Pontecesures; o descoidado da zona verde do parque de Pontecesures Cara a Ría; un peirao “decorado” con lixo e pegatinas alusivas ao polígono empresarial (no pleno do pasado luns preguntamos polo asunto e de momento van a quedar onde están) e con bandeiras esfarrapadas que periódicamente eran substituidas…

Se sumamos a absoluta desidia e a negativa de ambas formacións á creación do Xeodestino Mar de Santiago, e aos beneficios derivados da sua constitución para a obtención de axudas que melloren o entorno portuario, xa o temos claro. Máis… No pasado mes de xullo, por segundo ano, a Ruta Quetzal trouxo a 200 xóvenes de toda España que participaban na Expedición Traslatio, que conmemoraba o Ano Xacobeo, foron recibidos en todos os concellos que forman Mar de Santiago Xeodestino, a excepción feita de Pontecesures, claro…dende a organización intentaron en reiteradas ocasións que a alcaldesa lle respostase ás chamadas para detallar e organizar a visita a Pontecesures…e así todo.

Política

O goberno de Pontecesures carga contra o exalcalde.

Por Redacción ·

Gobernar é priorizar, algo así dicía o señor Seage durante a súa xestión á fronte do Goberno Municipal. Xestión, por certo, que o levou a ocupar o seu lugar actual na oposición. Publican os populares un post do 6 de decembro, é dicir, tiveron ata o 16 de xuño (máis de 6 meses) para limpalo e non o fixeron. Pretenden tamén agora que en 100 días limpemos e arranxemos 7 anos de nefasto desgoberno, xa non facendo autocrítica, senón esixindo coa soberbia que os caracteriza.

Un exalcalde, que amosou no pasado pleno a súa verdadeira cara, absterse en proxectos que se continúan ideados e formulados polo seu goberno, descoñecemento da procedencia e preguntando por contedores que se colocaron durante a súa lexislatura, e preguntas absurdas que o que pretendían era desviar a atención do nefasto que foi para esta vila.E non se preocupen, amigos populares, que se seguirá limpando, pero hai que ter un plan para facelo, xa que polo que se viu, o que vostedes tiñan (ou non) non era efectivo e á vista estaba.

Deixen traballar a quen ten gañas de facelo e non intenten esconder 7 anos de traxectoria, que vostedes non apareceron da nada, teñen unha mochila ás costas ben pesada que cargar; e iso os veciños tamén o saben.