O edificio é en Redondo 26 e a intersección e a da pista municipal que vai dende a N-550, polo lateral da finca de Maderas Magán, ata a Charca. Agora o cruce coa estrada nacional é moito máis ancho. Esta era unhas das obrigas da promotora e agora só lle queda poñer en funcionamento as dúas luminarias das farolas colocadas pola empresa nas beirarrúas do edificio, na N-550.
Cores Tourís visitou en Pontecesures as obras de Medio Rural.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti, e do xefe de infraestruturas, Julián Alvira, visítou a rüa Mimosas e o Camiño dos Acevedos onde comezan estas obras do Plan de Emerxencias 2011 en base a un convenio asinado poolo goberno municipal anterior.
Estiveron no acto o alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira e os tres tenentes de alcalde, Cecillia Tarela, Ángel M. Souto e Roque Araújo.
O CONCELLO DE PONTECESURES ?NESE Á INICIATIVA DE ??RECICLAXE SOLIDARIA? XUNTO COA FUNDACI?N AMIGOS DE GALICIA PARA AXUDAR Á PEQUENA AITANA
A Fundación Amigos de Galicia, a quen se une o Concello de Pontecesures, en colaboración coa Fundación Seur, apoian a iniciativa de ??reciclaxe solidaria? para axudar á pequena Aitana, unha nena de nove anos, nacida en Tarazona (Zaragoza) cunha cardiopatía conxénita, ATRESIA PULMONAR SIN TRONCO PULMONAR CON COLATERALES.CIV, COMUNICACI?N INTERVENTRICULAR E FISURA PALATINA.
A iniciativa consiste en recadar o maior número de tapóns de plástico, que serán recollidos por unha empresa de reciclaxe, para poder costearse a intervención quirúrxica no Children Hospital de Boston, que ten un importe de 300.000?.
Tras varias operacións, 6 cateterismos e múltiples probas médicas ás que a pequena Aitana veuse sometida desde 2006, a única solución que aportaron os médicos sería un doble transplante de pulmón e corazón, sendo unha intervención moi complicada e sen ninguna garantía de éxito, pero que lles abreu unha porta á esperanza.
Unha iniciativa idéntica impulsada no mes de maio para axudar a un neno bilbaíno consigueu reunir 20 toneladas de tapóns. Trátase de Iker, de quince anos que sufre unha ATROFIA MUSCULAR ESPINAL. Para que a súa vida puidera cambiar necesitaba un sofisticado e caro aparato ortopédico que lle permitira estar de pé durante unhas horas o día, e con elo desenvolver os seus órganos vitais con normalidade. A empresa Bilboplastic comprometeuse a costearlle os 8.000 ? que costaba o aparato, a cambio de 20 toneladas de tapóns de plástico, que foron acadados.
Vista a grande aceptación que tivo dicha iniciativa, na actualidade estase levando a cabo outra campaña de ??reciclaxe solidaria? a nivel nacional para axudar a Aitana, á que se suma o Concello de Pontecesures, polo que solicitamos a todos os vecinos e veciñas que poidan e o desexen, que depositen no contenedor instalado ao efecto nas dependencias municipais, todos os tapóns de plástico que poidan.
Por outra banda, o Concello de Pontecesures ofrece contenedores a todos aqueles establecementos que así o soliciten para esta acción solidaria.
O día 21 de outubro Asemblea Xeral da Mancomunidade Ulla-Umia.
Será ás 20 horas na Casa da Cultura de Cuntis e están convocados todos os concelleiros de Valga, Catoira, Cuntis, Portas, Caldas, Moraña e Pontecesures. A orde do día é o seguinte:
1. Formación da mesa de idade e constitución da Asemblea Xeral
2. Elección dos vinteun membros da Comisión Executiva.
A orquestra Salsa Rosa, esta noite en Chanteclair.
Hoxe domingo, 16 de outubro, actuará a orquestra Salsa Rosa na sala de festas cesureña.
Música e churrasco os venres no Bar Mambís.
O Bar Mambís da rúa San Lois de Pontecesures anuncia que todos os venres, a partir das 20:00 horas, haberá música e churrasco no establecemento.
