Na sesión constitutiva da Xunta de Goberno celebrada o pasado 18 de xulio, aprobouse a factura nº 182 de 05/07/11 emitida por “Representaciones Lito S.L.” por actuación das catro orquestras durante os días 3 o 4 de xullo nas Festas do Carme 2011.
Réxime de sesións da Xunta de Goberno de Pontecesures.
Este órgano colexiado integrado polo alcalde, Manuel Luis Álvarez Angueira, e polos tenentes de alcalde, Ángel Manuel Souto Cordo, Roque Luis Araújo Rey e Cecilia Tarela Barreiro, celebrará sesións ordinarias os días 1 e 15 de cada mes, ás 14 horas, trasladándose ao seguinte día hábil se coincide con sábado ou festivo.
Este réxime foi acordado na sesión constitutiva da Xunta de Goberno, que tivo lugar 18 de xullo de 2011.
A tirolina do parque Vicente Moure está de novo operativa.
Logo de que fora arrincado por alguén o asento de goma o día 4 de xullo (xa estaba bastante deteriorado), causando incluso danos a estrutura a un neno, e de romper un dos paus de apoio, o xogo foi inutilizado temporalmente. Dende o pasado 29 de xullo o aparello está operativo unha vez arranxadas as deficiencias.
Nota íntegra da ACP sobre a representación de monicreques de Carreiras.
Ás 21 horas, do día 29 de xullo houbo no lugar no lugar de Carreiras a actuación de ??Titeres Cascanueces? cunha representación con monicreques da obra ??O ferreiro e o diaño?. Foi unha actividade subvencionadas ao 60% pola Consellería de Cultura e Turismo, dentro do programa ??Galescena? e xestionada polo goberno local anterior xunto con outros dous actos culturais neste verán de 2011.
Pois ben; resulta lamentable a escasa difusión do acto que realizou o goberno local actual de Pontecesures. Nin unha nota de prensa, nin un anuncio noutros medios, nin un cartel nos establecementos (en especial é grave que non se levaran ao lugar de Carreiras), nin un cartel na Casa do Concello…..Tan só se colocou un cartel xenérico das tres actuacións hai tempo nalgúns taboleiros municipais, pero non un anuncio específico do acto de onte.
Deste xeito a maioría da poboación nin se enterou desta representación. Incluso os veciños máis próximos á zona onde se desenvolveu o evento reaccionaron con sorpresa cando onte, pasada a media tarde, comezaba o grupo artístico a preparar na rúa os elementos da actuación.
Dende logo é unha mágoa, que pasen estas cousas cando se fai un esforzo económico co fin de que teñamos actos culturais. ? preocupante a actitude do goberno local nestes temas. Xa a difusión da Festa do Churro do día 4 de xullo foi practicamente nula nesta edición, xa o cartel das Festas do Carmen 2011 celebradas os 1, 2, 3 e 4 de xulio no foi colocado nas rúas ata o 28 de xuño, para que ocorra esta circunstancia na representación de monicreques de Carreiras. Con tres membros do goberno local cobrando con dedicación exclusiva non se entende esta desidia.
Sabariz lamenta la escasa difusión que hace el gobierno local de las actividades culturales y de ocio.
Luis Sabariz, portavoz de ACP, considera ??lamentable? la escasa difusión que el gobierno local está realizando de las actividades culturales y de ocio que se llevan a cabo en el municipio, refiriéndose, en concreto, a la sesión de títeres ??O ferreiro e o diaño? que, dentro del programa de la Xunta ??Galescena?, se celebró el pasado viernes en Carreiras, actividad que había sido gestionada por el anterior Ejecutivo, del que formaba parte el propio Sabariz. ??Nin un cartel nos establecemento, nin na Casa do Concello, tan só un cartel xenérico? que anunciaba este y otros dos actos que están programados para el verano. Esto provocó, apunta el edil, que ??a maioría da poboación nin se enterara da representación? e incluso los vecinos más próximos ??reaccionaron con sorpresa cando o grupo Títeres Cascanueces comezou a preparar na rúa os elementos para a actuación?.
Entiende Sabariz que ??é unha mágoa? que ocurra esto cuando ??se fai un esforzo económico? para contratar actos culturales. ??? preocupante a actitude do goberno?, que fue similar, afirma, con respecto a la Festa do Churro. Sobre ella dice que ??a difusión foi practicamente nula? y critica esta ??desidia? teniendo en cuenta que ??tres membros do goberno están cobrando? del Concello.
DIARIO DE AROUSA, 31/07/11
Padrón prepara a romería do pemento con Diego Calvo de pregoeiro.
Herbón ultima para o 6 de agosto a súa tradicional festa en honra ao pemento padroense. O novo presidente da Deputación coruñesa, Diego Calvo, dará conta do pregón da romaría. Así mesmo, a Orde do Pemento de Herbón nomeará cabaleiros a Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural; ao alcalde da localidade, Antonio Fernández; ao artista Fernando Castaño; e dama á empresaria Sagrario Fernández. Tamén serán galardoados a Fundación Rosalía e o restaurante O Santiaguiño. Ademais dos tradicionais refráns, escoitaranse charangas e gaiteiros, e as actuacións de Pasarela Atracción e Grupo Caoba.
LA VOZ DE GALICIA, 31/07/11