Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005
Emprego

O 12 de outubro, festividade do Pilar en San Xulián

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Polá mañá o grupo de gaitas do grupo folclórico cesureño Algueirada dará os pasarrúas polo lugar. Ás 12 terá lugar na Capela de San Xulián a misa solemne na honra da Virxe do Pilar oficiada polo párroco de Pontecesures, Arturo Lores Santamaría, e cantada polo coro parroquial Dos Tilos. De seguido terá lugar a procesión pola rúa do Pilar. Ao remate actuará o grupo de baile da agrupación Algueirada. O custo da misa é sufragado por Lucía Pardal Miguéns.
Os actos son organizados pola Asociación de Veciños “San Xulián de Requeixo”

Máis sobre isto

Deixa un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.