
O nacemento ten como novidades Radio Valga e unha recreación da Batalla de Casal do Eirigo
ONadal chegou a Valga. Un ano máis, a inauguración do Belén Artesanal en Movemento, marca o inicio destas festas no municipio do Ulla, que nas vindeiras semanas recibirá a milleiros de persoas ansiosas por contemplar o novo diseño deste nacemento, cuxa fama chega xa a tódolos puntos da comunidade. Os visitantes terán, nesta ocasión, bastante traballo fixarse en todas as novidades que presenta o nacemento, que non son poucas. Unha das máis visibles e que máis expectación causou entre a xente que onte acudiu á inauguración foi a introdución no belén de Radio Valga, a emisora municipal.
Este foi un dos segredos mellor gardados pola asociación â??Amigos do Belénâ?� dende que, xa en outubro, comenzaron a preparar o nacemento, posto que non só aparece o edificio da radio, senón tamén e aí viña a sorpresa unha reprodución do programa â??Encontros co alcaldeâ?�, que se emite cada mércores. E alí están o rexedor, Xosé María Bello Maneiro, que foi o primeiro sorprendido coa súa figura, acompañado polo director da radio, Héctor Bermúdez, e a locutora Lidia Gallas, que atende dilixente as chamadas telefónicas dos oíntes.
Así foi que o alcalde estivo por partida dobre no acto inaugural: en persoa e en forma de figura. Bello Maneiro, xunto co vicepresidente da Deputación, José Juan Durán, e o cura de Campaña, foron os encargados de por en movemento o Belén Artesanal. A bendición do párraco marcou a súa posta en funcionamento, e así o público puido ver, por exemplo, como dous toureiros lle plantaban cara a unha vaquilla na recreación da Festa da Xuventude, na que non faltan a praza de touros, as gradas repletas de xente e a Garda Civil para poñer orde.
Ao seu carón, un guiño a un dos temas que máis páxinas de xornais e horas de televisión ocupou hai unhas semanas: un barco de pesca navega polo océano. ¿Adiviñan o nome?: â??Alakránâ?�. As casas colgantes que os integrantes de â??Amigos do Belénâ?� confeccionaron para este ano lucen na parte frontal da zona expositiva, pero unha das escenas que acaparou un maior número de miradas e máis chamou a atención da xente foi a representación da Batalla de Casal do Eirigo, da que se cumpriu este ano o bicentenario. Soldados franceses e o improvisado exército local enfróntanse nunha cruenta guerra, á que non lle falta detalle: canóns, traxes casi idénticos aos da época, veciños asustados… e todo feito a man. Ao alcalde non se lle escapou detalle e comentou que â??curiosamente, case todos os caídos son do bando francésâ?�. ¿Por que será?
Os que tiveron a vista máis fina seguramente puideron detectar xa ao personaxe famoso que se agocha entre as figuras do belén. Non é a Bela Otero, que tamén aparece sobre un escenario e lucindo as súas mellores galas, senón un representante da nobreza nacional e arredor do cal xira o concurso impulsado este ano por â??Amigos do Belénâ?�. Os visitantes terán que descubrir de quen se trata e depositar a súa papeleta nunha furna. Entre os acertantes sortearase unha das figuras que forman parte do nacemento. Aí van algunhas pistas para iniciados: rara é a revista na que non sae, está de incógnito e todos caen rendidos aos seus pés. Iso din os organizadores, aínda que, para gustos, cores.
E, entre tanta cousa novidosa, o xa máis tradicional. O pesebre no que repousa o neno Xesús, flanqueado por San Xosé e a Virxe María e, xusto detrás deles, o castelo de Herodes. Unha voz en off relata aos visitantes o misterio do nacemento de Cristo, mentras se van sucedendo diferentes escenas: a adoración dos Reis Magos, a matanza dos nenos inocentes ordenada por Herodes ante o temor de que Xesús lle arrebatase o trono, os pastores acudindo a adorar ao neno… e todo perfectamente ambientado grazas, en parte, aos efectos especiais que se xeran mediante o sistema de iluminación.
Preto de 3.500 figuras comparten protagonismo cos personaxes típicos dun nacemento, un récord absoluto nesta decimoquinta edición do Belén Artesanal, que tamén ampliou a súa superficie. Nos arredor de 250 metros cadrados que ocupa, aparecen reflexados lugares e paisaxes de Valga, como a lagoa de Mina Mercedes, na que conversan animados intelectuais como Camilo Xosé Cela, Castelao, Rosalía de Castro ou Xesús Ferro Couselo. Tampouco faltan alusións ás tradicións agrarias, coa recollida ou a malla do trigo, nin a algúns dos actos relixiosos que máis fervor espertan entre os veciños. Ã? o caso da procesión dos panos de sete puntas de Xanza ou a dos lacóns, que cada ano se celebra en Cordeiro. Unha escola, clínicas, un mercado ambulante, costureiras, nenos xogando nun parque, a Banda Municipal ofrecendo un concerto de música que fai bailar aos veciños, un partido de fútbol entre o Cordeiro e o Furia… son só algúns dos detalles que completan o Belén Artesanal en Movemento, en cuxa elaboración traballaron dende o mes de outubro preto de trinta persoas, que tamén teñen o seu recoñecemento nun panel fotográfico que explica como foi o proceso para deseñar o nacemento deste ano.
O resultado do seu traballo e esforzo poderá verse ata o vindeiro día 10 de xaneiro no local da Rúa Nova de Campaña, que este ano presenta tamén nova imaxe, xa que o seu exterior foi adecentado. O nacemento permanecerá aberto en horario de 17:30 a 20:30 de luns a venres. Os sábados os visitantes poden acudir entre as 17 e as 20:30 horas. Os domingos e festivos abrirá pola mañá de doce a dúas e tamén pola tarde, entre as 17 e as 20:30.
DIARIO DE AROUSA, 07/12/09