Nota do goberno local en contestación ao BNG pola tala das árbores na praza do “Coche de Pedra”.
NOTA DO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE AS AFIRMACI?NS DO BNG DE PONTECESURES EN CANTO Á TALA DAS ÁRBORES DA PRAZA DO ??COCHE DE PEDRA?.
En relación coa nota do BNG de Pontecesures, queremos manifestar o seguinte:
1. As alineacións de cupresáceas da praza foron taladas porque se atopaban en fase de senescencia, ou sexa árbores moi envellecidas (percibíase claramente o seu mal estado á vista). Naturalmente vanse plantar na praza novas árbores e incluso unha pérgola con prantas trepadoras.
2. A decisión foi moi meditada e levounos bastante tempo. ? realmente triste sempre, verse na obriga de talar árbores.
3. No pleno ordinario do luns 25 de maio dárase todo tipo de información exhaustiva e documentada sobre os fundamentos que motivaron a tala das árbores. Dita documentación estará a disposición de tódos os concelleiros e dos veciños que o desexen. Facemos un chamamento á veciñanza para que acuda ao pleno. O debate sempre é a forma máis segura de recibir á información. Os monólogos e as informacións interesadas sempre teñen pouca obxectividade.
4. Esperamos que a obra da praza, que vai quedar agora con bastante máis superficie, sexa do gusto da maioría dos cesureños. Por iso estamos a traballar.
5. Non entendemos como o BNG formula críticas sen coñecemento das razóns que motivaron a curta das árbores. Politizar as obras e lanzar mensaxes interesados para confundir á poboación, denota unha certa inquedanza por parte dos nacionalistas. A critica destructiva virase na súa contra cando rematen as obras das rúas centrais. Estamos seguros.
Pontecesures, 22 de maio de 2009

