Nota do goberno local en contestación ao BNG pola tala das árbores na praza do “Coche de Pedra”.

Publicado por Luis Angel Sabariz Rolán o

NOTA DO GOBERNO MUNICIPAL SOBRE AS AFIRMACI?NS DO BNG DE PONTECESURES EN CANTO Á TALA DAS ÁRBORES DA PRAZA DO ??COCHE DE PEDRA?.

En relación coa nota do BNG de Pontecesures, queremos manifestar o seguinte:

1. As alineacións de cupresáceas da praza foron taladas porque se atopaban en fase de senescencia, ou sexa árbores moi envellecidas (percibíase claramente o seu mal estado á vista). Naturalmente vanse plantar na praza novas árbores e incluso unha pérgola con prantas trepadoras.
2. A decisión foi moi meditada e levounos bastante tempo. ? realmente triste sempre, verse na obriga de talar árbores.
3. No pleno ordinario do luns 25 de maio dárase todo tipo de información exhaustiva e documentada sobre os fundamentos que motivaron a tala das árbores. Dita documentación estará a disposición de tódos os concelleiros e dos veciños que o desexen. Facemos un chamamento á veciñanza para que acuda ao pleno. O debate sempre é a forma máis segura de recibir á información. Os monólogos e as informacións interesadas sempre teñen pouca obxectividade.
4. Esperamos que a obra da praza, que vai quedar agora con bastante máis superficie, sexa do gusto da maioría dos cesureños. Por iso estamos a traballar.
5. Non entendemos como o BNG formula críticas sen coñecemento das razóns que motivaron a curta das árbores. Politizar as obras e lanzar mensaxes interesados para confundir á poboación, denota unha certa inquedanza por parte dos nacionalistas. A critica destructiva virase na súa contra cando rematen as obras das rúas centrais. Estamos seguros.

Pontecesures, 22 de maio de 2009

Categorías: Festas

18 comentarios

laranxa · 25-05-2009 ás 08:52

Vaia cara dura a deste governo!!que as arbores estaban en fase de…outros intentan conservar e protexer as arbores e o entorno e vostedes amparanse en que estaban deteriorados é vellos,hai metodos e tratamentos para recperacions de arboles danadas,segun deduzo desta nota o que esta vello é deteriorado non serve,calqer dia,con ESTES ó frente arrasan con todo,xa o estan a facer coas farolas do enorno da plazuela…Vai defensores do entorno,da natureza,da cultura do bo facer!!!…Son uns impresentables!!!

matacristos · 25-05-2009 ás 11:39

Vaia cara dura estes gobernantes ,os arboles estaban ven ,oque pasa que non esperabades as criticas da xente ,ou van a decir que esta marabilloso como di o Sabariz,,non oes as criticas polo pueblo ou eres sordo cando non che conven,ahora buscades argumentos de todo tipo,non sodes creibles basta xa de trapalladas,e ahora para quedar ven ides a plantar outros,despois da desfeita que fixeches non vale eso habia que explicalo antes de cortalos,ahora non veñades a remendar.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 ás 13:24

Ven ao pleno, “matacristos”, e deixate de falar de trapalladas. Como dis que hai moitas críticas, espero un pleno multitudinario, con xente incluso fóra do salón.
Ogallá teñamos moita xente para dar as explicación oportunas.

O Rei · 25-05-2009 ás 13:38

Espero que vaia moita xente ó pleno e que se den as explicación oportunas, pero tamén espero que se transcriban logo nesta páxina. Hai xente que por diversos motivos non podemos asistir ó mesmo.

Sorte

matacristos · 25-05-2009 ás 13:59

EU non vou o pleno nin borracho, non vale a pena,non te preocupes Sabariz que a xente non acude ,pasa olimpicamente de vos,xa pasara factura nas urnas,eso espero.

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 ás 14:10

Segue a situación surrealista, “matacristos”. Queres que non vaia xente ao pleno. As razóns vanse esfumando, e queda a manipulación e a covardía. Vouche contar unha anécdota do alcalde anterior cando ocupaba o cargo: Un pouco antes de comezar un pleno entraban tres ou catro persoas, creo que eran de Condide, con interese nunha cuestión que se ía tratar. Na porta díxolle, e xa sabemos con que intención: “A que vides aquí”. Incrible que o BNG de Pontecesures poida apoiar ese tipo de actitudes. Pois a túa posición lembra un pouco todo isto.
Xa te estás curando en saúde por se van pouca xente ao pleno. Mal asunto.

o chiquitas · 25-05-2009 ás 14:20

Non Rei aqui a xente non vai os plenos esta moi queimada,non hay nada que oir ,sempre teñen o as para matar o tres,esta e a politica que hay neste pobo. Un saudo Rei.

Martin T. · 25-05-2009 ás 14:53

“percibíase claramente o seu mal estado á vista” ¿non serías ti o que ten mal a vista? eu non entendo, ti es o ?NICO que oe a xente decir “que bonito quedou” “que ben vai quedar” “as ábores estan feas e vellas”, eu ata o de agora non oín en ningún momento ningunha frase de esas, ata o de agora oín moitas críticas sobre a nova iluminación (por diversos motivos) excepto unha persoa que dixo que lle gustaban. E sobre a tala das árbores, creo que todo o pobo opina que non estaban feas e que deberían de seguir ali. Polo tanto, repito ¿seguro que estades ben da vista?

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 ás 16:51

Xa comezas a poñer desculpas, “o chiquitas”. ¿Non será que o globo vai diminuíndo de tamaño?. Críticas coordinadas con distintos nomes, quérese formar unha opinión de gran crispación, ninguén dos críticos quere vir ao pleno, ninguén da a cara con nomes e apelidos….Moito ruído, xa sabedes o resto.
¿As luminarias?. Gùstanlle a moita xente, e cada vez a máis. “Martin T.”. ¿Que as árbores, non estaban danadas? Home, para moita xente é indiscutible que sí o estaban, e profesionais da materia son da mesma opinión. Reitéroche que foi unha decisión difícil. Claro que non gusta talar árbores.

error07 · 25-05-2009 ás 17:47

Aqui tenemos al sabariz, que iva de “amante de la naturaleza” cuando fue en contra de la finsa y ahora resulta que corta los pocos arboles que hay en el centro del pueblo. y la madera de los arboles?vendida a la finsa??jajajaj ya seria el colmo!!

Luis Angel Sabariz Rolán · 25-05-2009 ás 18:12

Tamén se informará sobre a retirada da madeira. Veña “error07” ¡Ao pleno!

pandorcas · 26-05-2009 ás 16:51

y digo yo HAY QUE ANTICIPARSE AL FUTURO e non esperar a ver que di a xente para despois pensar e intentar sacoa a zoca pero hai cousas que non teñen marcha atras como e recolocar as arbores xa que non pensaches nada de nada

O Rei · 26-05-2009 ás 17:29

Non hai ningunha entrada ou comentario sobre o pleno de onte. Ou é que as razóns foron convincentes para todo o mundo ou é que non interesa. A verdade é que a min si que me interesan as razóns. Si é que estaban “enfermos”, supoño que sería unha enfermidade terminal, sen cura posible.

estudiante · 26-05-2009 ás 18:27

? raro que o portavos do joberno non dixera nada ainda sobre como foi o pleno, se conoce que non lle foi alá moi ben nel. Cóntanme que onte o joberno levou leña( nunca mellor dito) hasta no carné de identidad, sobre todo no referente ó comportamento lamentable que tivo o joberno coa Feira do automóbil e tamén coa corta dos árbores. Seica puxeron fino o Sabarís que disque que leeu un memorandun científico pero que non lle valeu de nada porque os do bloque tamén trouxeron unha experta en bioloxía a mirar os árboles e seica estaban perfectamente. En fin unha comedia.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-05-2009 ás 18:32

Pois se deron explicacións sobre a tala das árbores e houbo debate. Unha mágoa que no público só houbese catorce persoas.
Din conta do informe emitido por Laureano Soage Soto, técnico arborista e membro da Asociación Española de Arboricultura.
O texto integro do informe xa foi enviado a Antonio Cortés para facer un enlace e poder consultalo nesta páxina.
Agora, voucho envíar a tí “O Rei”, ao teu enderezo de correo electrónico.
Saúdos.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-05-2009 ás 18:58

Pero de que leña falas “estudiante”. Quedei moi contento do sucedido no pleno. Déronse todo tipo de informacións. Houbo debate e cada un expuso o que quiso sobre a Lei da memoria histórica, sobre os tranxénicos, sobre a orixe da lamprea da festa, sobre as árbores taladas, sobre fegaclasic….¿Que a min me puxeron fino?. Non entendo nada. Estás a largar por largar coa intención de prexudicarnos.
Por certo: moito “laranxa”, “o chiquitas”, “estudiante”, “error07”, “pandorcas”….pero no pleno ninguén. Eramos 24 persoas entre concelleiros e público. O globo baixa amiguiños, tanta contestación social, tanto escándalo…. Nada de nada, faroles e máis faroles. Moitos alcumes pero poucas persoas físicas. Próximas sí, pero contadas tamén.

estudiante · 26-05-2009 ás 21:45

Pois non che fai moito caso a ti a xente, todo o dia a meter a de Dios con al pleno, en el pleno, ali contarei, ali direi, al pleno, todo el mundo al pleno que a mi me gusta el debate, ect, ect, e lojo non che vai nin o tato, debe ser que a xente ni te quere ver nin oir, ja, ja ,ja.

Luis Angel Sabariz Rolán · 26-05-2009 ás 23:09

Cumprin coa miña obriga, e din todo tipo de explicacións. Non o digo por chulería, pero comeza a resultar absurdo perder o tempo contestando comentarios intrascendentes. A vosa norma, “estudiante”, e tratar de ridiculizarme, de chamarme de todo (saia o tema que saia), de provocar…. como táctica preconcebida, con poucas persoas ligadas a un sector da corporación e utilizando moitos alcumes para demostrar que hai un auténtico clamor de protestas no pobo. Alá vos se credes que iso é efectivo. Sabedes, mellor que ninguén, que non é certo.
Por todo isto digo que o globo que inchachedes o mesmo día da perda da alcaldía, xa é cada vez máis pequeniño.

Deixa unha resposta

Marcador de posición do avatar

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.