Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 3.101

Deportes

Torneo de nadal Concello de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

No campo de fútbol Ramón Diéguez, haberá o venres 26 de decembro encontros de fútbol deste torneo co seguinte harario:

Categoría benxamín “A”: PONTECESURES C.F.-PONTEVEDRA C.F., ás 11:00 horas.
Categorías benxamín “B” e prebenxamín: PONTECESURES C.F-CORDEIRO C.F., a partir das 16:30 horas.

Organiza o Pontecesures C.F e colabora o Concello de Pontecesures.

Sociedade

Actividades para maiores no Concello de Pontecesures.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Obradoiro de Pintura. Os mércores de 17:00 a 19:00 horas no Centro Xuvenil.
Obradoiro de Cestería. Os venres de 17:00 a 19:00 horas no Centro Xuvenil

Os/as participantes de ter de 50 a nos de idade en adiante e os obradoiros son de balde.
A inscrición debe realizarse no Servizo de Atención Primaria do Concello ou nos teléfonos segunites: 986 557125 e 986 564409

Medio ambiente

Boas noticias para a comarca do Sar.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

A nova tróuxonola a prensa. Era algo que se esperaba con ansiedade e polo que se veu loitando con sobrados argumentos que ó fin veñen ser recoñecidos polo Goberno autonómico ó facerse cargo a Xunta do ferrocarril de proximidades Pontevedra-Santiago, sendo garante da permanencia das estacións de Catoira, Cesures, Padrón e Escravitude.

Non imos falar de novo da grande importancia que para esas comarcas supón. En toda a bisbarra do Sar está a ser moi celebrado e pódese augurar o incremento que sen dúbida vai a experimentar o uso do ferrocarril no futuro, dadas as grandes vantaxes que este medio de transporte ofrece en seguridade. Asemade, causou satisfacción a información de que tamén Medio Ambiente acometerá a rexeneración dos nosos ríos, entre eles o Sar, dotando ao mesmo tempo as súas ribeiras dun paseo fluvial semellante ao xa existente no tramo sur, dende Padrón á desembocadura do río.

Por outra parte, o outono padronés veu acompañado dun amplo programa cultural que abrangueu, ademais dos actos organizados polo propio Concello e centro social, a presentación ao público nada menos que de dous libros dos que xa se deu noticia pero que cabe lembrar de novo, tanto o de Xosé Carlos Beiró Piñeiro, sobre a historia do convento dos Carmelitas Descalzos en Padrón, como o de Miguel Piñeiro Moure, en torno á pesca, ás famosas pesqueiras e todo un mundo en torno a tan singular peixe de río do que como dixo o Chef Rivera: “Hai persoas que percorren máis dun cento de quilómetros para saborear tan suculento manxar e outras que non dan dous pasos por ela”. Ou sexa, que non hai termos medios, “gusta ou non gusta, e punto.

Artigo de José Castro Cajaraville. TIERRAS DE SANTIAGO, 23/12/08

Esquelas

Faleceu Alfonso Gasamanes Cortés.

Por Luis Angel Sabariz Rolán ·

Ilustración de sección

Aos 87 anos faleceu no día de hoxe, Alfonso Gasamanes Cortes, viúvo de Peregrina “A Canteira” e residente na rúa dos Mariñeiros nº2 de Porto.
Alfonso, estivo ligado moitos anos ao servizo municipal de augas e o seu fillo, Alfonso Gasamanes Barreiro, foi tamén perante varios anos concelleiro de Pontecesures.
O cadáver está a ser velado na Sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Dende alí sairá mañá, dia de noiteboa, a comitiva fúnebre ás 16:30 horas, para que ás 17:00 horas teña lugar na Igrexa Parroquial a misa funeral e o posterior soterramento no camposanto parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.

Deportes

ANTIA SANMARCO E SERGIO MARTINEZ, DO C.B. RIO ULLA DISPUTARON CA SELECCION AROUSANA DE BALONCESTO ALEVIN UN TORNEO CLASIFICATORIO

Por fru ·

Foi este pasado sábado 20 de decembro en Carril (Vilagarcia), onde se celebrou un torneo clasificatori de sleccions zonais, en concreto da zona sur de Galicia. Acudiron Ourense, Vigo e Arousa, tanto nas categorias masculina coma femenina. Cada seleccion está formada por 10 xogadores ou xogadoras.

Pois ben, na Arousana o C.B. Rio Ulla estivo representada tanto na categoria masculina coma na feminina. Antia e Sergio foron convocados para este torneo.

Ambos tiveron a ocasion de xogar moitos minutos en cada un dos 2 partidos que xogaron: un pola mañá e outro pola tarde.

As chicas impuxeronse claramente nos 2 partidos; e os chicos gañaronlle a Vigo pola mañá, e perderon contra Ourense pola tarde na prorroga, logo de ir por diante todo o encontro.

Este é o 1º torneo do ano. En febreiro acudirán a Sarria e a finais de temporada (fins maio xogarase o campionato definitivo de seleccions). Sergio e Antia teñen moitas posibilidades de estar cas súas seleccións o resto da tempada. Antia ademais é alevin de 1º ano, polo que se sigue con esta progresión, pode repetir na vindeira temporada.

 Sergio e Antia

 

Deportes

CELEBRADA A 2ª CONCENTRACION DE BENXAMINS EN PONTECESURES

Por fru ·

O pasado domingo 14 celebrouse en Pontecesures a 2ª xornada das concentracions de baloncesto benxamin (7, 8 e 9 anos). Participaron na mesma os integrantes das escolas de baloncesto de Valga, Pontecesures e 2 equipos do Meco de O Grove.

Habilitáronse 2 pistas para xogar partidos simultaneamente. Non se leva resultado nin hai ningun tipo de clasificación.

 

 

 

  

Participantes dos 4 equipos da concentracion benxamin do 14-12

Deportes

O NENO DO EXTRUGASA RIO ULLA JOSE CARLOS GARCIA PARTICIPOU DO EXITO DA SELECCION GALEGA INFANTIL PROMESAS

Por fru ·

Dias atrás dábamos conta da nova de que por 1ª vez un xogador deste club participaba nunha convocatoria da federacion galega. Neste caso era a selección infantil masculina “B” formada por nenos de 1º ano infantil (nados en 1996). O noso xogador Jose Garlos Garcia (7 anos no club) tivo a ocasion de participar desta selección.

Jose Carlos, 2º de pe pola esquerda

Na 1ª fase a seleccion galega do 96, patrocinada por Caixagalicia acadou estes resultados:

Selecc Galega caixagalicia CETI 56 – Estudiantes de Lugo 40

Selecc Galega caixagalicia CETI 70 – Colexio Leonés 50

E na Gran Final impúxose ós portugueses de Oporto nun partido moi axustado:

Selecc Galega caixagalicia CETI 48 – Porto 45

A nivel individual, Jose Carlos non poido xogar todo o esperado logo de sufrir un esguince de nocello na 1ª xornada, onde causara unha boa impresión.