O BNG de Pontecesures solicita a comprobación do expediente da obra do regato da Chancela.

Na mañá de hoxe, a concelleira nacionalista, Cecilia Tarela, en representación do BNG de Pontecesures, solicitou a comprobación do expediente da obra que se está a realizar no regato da Chancela.
Xa lle foi comunicado que mañá mesmo, 11 de marzo, pode facer as comprobacións oportunas na Casa do Concello, onde está á súa disposición:
1. Convenio do PEIM do 2009 asinado entre o Concello de Pontecesures e a Consellería do Medio Rural onde aparece reflectida a obra en cuestión: “Acondiconamento e rexeneración ambiental do entorno do regato da Chancela. 1ª Fase”.
2-Posta a disposición de Medio Rural dos terreos necesarios para realizar a obra e autorizacións dos particulares dos terreos próximos ao regato para levar a cabo a actuación da maquinaria.
3-Autorización de Augas de Galicia.
O proxecto, os datos da dirección da obra e os da licitación para a selección do contratista están na Consellería do Medio Rural, que foi o adxudicatario da obra. De todos os xeitos realizaranse xestións para que os representantes nacionalistas coñezan os detalles da obra que se está a realizar,. que comezou a proxectarse, precisamente, en tempos do goberno bipartito da Xunta de Galicia.

O venres, 12 de marzo, noméase ao novo presidente da Fundación da Ruta Xacobea Mar de Arousa Ulla.

Será ás 14:30 horas no Hotel de San Francisco de Santiago cando se reunan os membros da Fundación da Ruta Marítimo Fluvial Xacobea Mar de Arousa Ulla. Como asunto máis importante da orde do día figura o nomeamento do novo presidente que vai substituir a José Luis Sánchez-Agustino recentemente falecido.
Tamén vaise decidir o venres a data do remonte oficial polo río Ulla 2010 e os detalles deste acto.

Carmen Cajide pode ser de novo diputada tras a renuncia de Touriño.

O ex presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, presentou hoxe a súa renuncia coma deputado do Parlamento de Galicia. Como na lista do PSdeG-PSOE por Pontevedra saíron elixidos 7 diputados/as e Touriño era o cabeza de lista, ábrese a posibilidade de que Carmen Cajide, cuntiense, que ía de 8ª na lista coma principal representante dos socialistas de Ulla-Umia na candidatura, se incorpore como deputada no Parlamento.
Carme Cajide é na actualidade responsable do área de igualdade da Executiva Provincial do PSdeG-PSOE.

JLL e Sol y Mar manteñen o cerco na Liga de Valga a aun A Palmeira que se regala unha goleada.

A Palmeira continúa unha semana máis á fronte da Liga de Fútbol 7 de Veteráns de Valga, logo de golear 6-1 o Elite Electricidad nunha decimosétima xornada na que non fallou ningún dos candidatos ao título: Cafetería Sol y Mar 1-0 A Casa Vella; Desigual 1-3 JLL/Benjamín Ramos; A Redonda 1-2 A Cacharela/Karymo; Bar Muelle 1-4 Joyería Riveiro; e Transportes Veiga/Bar O Belén 1-1 Valdeza/Bar Juan. A Palmeira ten 41 puntos, polos 38 do JLL e os 36 do Sol y Mar.

LA VOZ DE GALICIA, 10/03/10