Bello Maneiro: “O individualismo e o localismo xeralizado impiden que a Mancomunidade Ulla-Umia funcione”
Tras dúas lexislaturas á fonte de Mancomunidade Ulla-Umia, Xosé María Bello Maneiro deixará o cargo no mes de outubro para dar relevo a outro alcalde da comarca. O rexedor valgués di marchar co convencemento e a satisfacción de ter posto en marcha proyectos coma a UPD, dous programas Now, ou o Leader Plus, pero tamén coa decepción de non ter logrado que os concellos deixasen a un lado os “localismos” e se concienciasen dos beneficios que podería reportar ó Ulla-Umia mancomunar servicios.
