Petición: “impactos” na prensa
Unha das funcións de esta web é que calquera veciño poda solicitar información, anunciar calquera cousa, a outros veciños. E vou a empregar esa función:
A miña moza ven de levar a comunicación da inauguración dunha tenda da franquicia galega Nanos, de roupa para nenos, en Sevilla, apadriñada esta inauguración pola modelo Laura Sanchez e o seu home, o futbolista Aitor Ocio.O seguemento por medios rexionais (televisión, prensa, radio) aquí en Andalucía foi moi grande. Como o comunicado de prensa foi enviado tamén a medios galegos, ela necesita saber en que medios galegos publicouse a nova.
Dende aquí non temos acceso ós xornais galegos en papel, polo que a miña petición e sinxela: Si alguén ve estos días unha nova nalgún xornal sobre este evento pode indicarnos O xornal e a data de publicación.
Sin más agradecendo calquera axuda, despidome cun saudiño.
Antonio Cortés
P.D.: Calquera petición/anuncio/comunicado podese enviar, coma sempre, a redaccion@pontecesures.net. As respostas a este directamente á miña dirección antonio@pontecesures.net ou coma un comentario nesta páxina.
El portavoz nacional del Bloque Nacionalista Galego (BNG) y vicepresidente de la Xunta, Anxo Quintana, respaldó a Luis Álvarez Angueira en su presentación como candidato nacionalista a la Alcaldía de Pontecesures, que supone el inicio de su camino hacia la ansiada mayoría absoluta que le permita gobernar sin necesidad de pactos.
Dentro do Plan de Actuacións Diversas 2007 da Deputación de Pontevedra este organismo contratou aos peóns Natalia Potel Saborido e José María Martínez Caamaño por tres meses para realizar tarefas nos servizos municipais (a Deputación aporta o 75% do custo, mentres o concello o 25%). O propio órgano provincial presentou unha oferta de emprego na oficina de emprego de Vilagarcía e logo as persoas preseleccionada despois da sondaxe foron entrevistadas para decidir as dúas persoas elixidas
No pleno ordinario de onte o alcalde anunciou a nova de referencia (en quince días estará creada, dixo) dentro do apartado de rogos e preguntas. Con tono crítico, de xeito velado, e sen vir a conto. citou esta páxina que xa fora calificada noutro pleno por Alvarez Angueira co termo de “zafia”. Cando este concelleiro quixo intervir para deixar claro que para anunciar a creación dunha páxina oficial non hai que facer referencias a outras nese tono, e para defender a este medio, o alcalde, na súa liña de prepotencia de sempre, retiroume a palabra. Este é o alcalde tolerante, dialogante e defensor da liberdade que temos. Unha pena.