A oposición de Cesures boicotea o pleno para protestar pola ausencia do alcalde.
Os plenos de Pontecesures volven a ser noticia, e non precisamente plos acordos adoptados neles. Neste caso o son ata por nin chegar a celebrarse. A sesión ordinaria convocada para o mércores non tivo lugar por falla de quórum. A situación estivo propiciada por unha estratexia da oposición (PP, PSOE e ACP) que decidiron boicotear a sesión para expresar así o su malestar e protesta polas ausencias do alcalde e da primeira tenente de alcalde.