Ir ao contido
Pontecesures.net dende 2005

Novas anteriores · páxina 449

Cultura

23 abril, Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

“Os libros teñen esa capacidade única de entreternos, de instruirnos, de ser un instrumento que sirve para sair de un mismo e atoparse con un autor, unha autora, un universo ou unha cultura ao tempo de ofrecer a aposibilidade de sumerxirse profundamente no interior de cada un” Audrey Azoulay (Directora Xeral da UNESCO)

O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial xa que se apunta que nese día en 1616 faleceron Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.

Parecía entón unha elección natural que na Conferencia Xeral da UNESCO, celebrada en París en 1995, se decidira rendir unha homenaxe universal aos libros e autores nesta sinalada data, alentando a todos, e en particular aos xóvenes, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as irremplazables contribucións de aqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade. Por este motivo, a UNESCO creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor.

Para este Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, dende o Concello de Pontecesures queremos invitar a todas e a todos a empezar libros, a pasar as  súas páxinas e a atopar en eles un soplo de aire fresco para o presente e o futuro.

Así pois, todos os veciños e veciñas que desexen achegarse á Biblioteca Municipal de Pontecesures durante a tarde de este venres 23 de abril ou á Praza de Abastos-Casa da Lamprea durante todo o día o venres e toda a fin de semana poderán escoller un libro libremente entre unha selección de títulos duplicados da sala de lectura da biblioteca, aproveitando, deste xeito, a ocasión para atoparlles un novo fogar onde, de seguro, cumplirán a súa función: abrir ventás a universos impresos de experiencias e deleite para todas as idades e gustos.

Deportes

O CLUB NÁUTICO PONTECESURES OURO E PRATA NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE XÓVENES PROMESAS

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Duas deportistas do Club Náutico Pontecesures no mais alto do piragüismo nacional. Natalia Varela Cepeda, campiona; Nerea Novo Romero, subacampiona no Campionato de España que ven de celebrarse este fin de seman no Lago de Banyoles (Girona). Grandísimas deportistas con excelentes resultados. O Club Náutico Pontecesures segue a apostar polo traballo dende as categorias base e os resultados falan por si solos. Noraboa as estas campionas e ao resto do equipo polos grandes resultados. Parabéns tamén para todos os deportistas, adestradores, directivos e patrocinadores e a todos os pais e nais e seguidores do traballo do clube. Dende o Club Náutico Pontecesures seguiremos loitando cada día pola saúde e os valores que aporta o deporte á nosa mocidade.

Obras

ARRANXOS NO EDIFICIO DA ESCOLA INFANTIL

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Nesta semana e con motivo da chegada do bo tempo, estanse levando a cabo obras de mantemento no edificio e, especialmente, no patio da Escola Infantil Municipal de Pontecesures para que as/os cativas e cativos, ademáis de seguir aprendendo e xogando, poidan tamén desfrutar do sol e das temperaturas tan agradables que a primavera nos está a brindar.

Obras

VISITA DO DELEGADO DA XUNTA EN PONTEVEDRA

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Na mañá de onte recibimos a visita do Delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López Dieguez, e o delegado de Infraestructuras da Xunta, para falar das subvencións aos concellos destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración.Entre outros asuntos comentamos a problemática que xa vimos arrastrando durante tanto tempo no que se refire as canalizacións de saneamento que verten directamente ao río Ulla e que agardamos poder empezar a dar pasos en firme a fin de mellorar a imaxe do noso río e en definitiva da nosa fachada portuaria no marco das inversións que se están levando a cabo para visibilizar o potencial turístico da nosa vila.Tamén aproveitamos para amosarlle a Praza de Abastos e a Casa da Lamprea, da que confesou ser un gran apaixonado…

Medio ambiente

CAMPAÑA DE TRAMPEO CONTRA A VESPA VELUTINA EN PONTECESURES

Por CONCELLO DE PONTECESURES ·

Quedan xa moi poucos concellos en Galicia nos que a vespa velutina non se teña detectado. Pontecesures non é unha excepción, e constátase que nos últimos anos a cifra de niños retirados vai en aumento. Con datos que manexa a Consellería de Medio Rural conclúese que durante os últimos cinco anos multiplicouse por 23 o número de niños retirados. A clave, un ano máis, volve a ser o trampeo intensivo dende comezos da primavera ate o mes de Xuño, a fin de capturar o maior número de raíñas, de xeito que eliminándoas se evite que cheguen a construir o propio enxameo. Tense constatado que naquelas zonas onde se leva a cabo un trampeo masivo a incidencia de vespas asiáticas ten diminuido de xeito substancial. Na provincia de Pontevedra a cifra de niños retirados o pasado ano foi de 4.198 que a empresa pública Seaga levou a cabo dentro do Plan de Loita contra a velutina, froito do acordo entre a Xunta de Galicia e a Fegamp que engloba a 285 concellos, incluído Pontecesures.
Esta semana dará comezo por todo o termo municipal a colocación de trampas para capturar o maior número de raíñas e disminuir a problemática da retirada dos niños en Pontecesures.