p(titulonota). Nota da Agrupación Cidadá de Pontecesures (ACP)
O taboleiro dunha das canastras de baloncesto da pista polideportiva descuberta situada no peirao rompeu e desplomouse ó chan hai máis dun mes por mor posiblemente dos ventos e das choivas sen que, afortunadamente, alcanzara a ninguén.
Dende a caída permanece alí a canastra sen uso algún e dando unha imaxe de abandono que prexudica á institución.
Solicítase así á alcaldía que se repoñan ámbalas dúas canastras colocando taboleiros novos (os que están nesta pista son de interiores e así púdrense co auga) resistentes para que os nenos/as poidan practicar o baloncesto sen ningún tipo de risco.
Pontecesures, 31 de marzo de 2006
Luis Angel Sabariz Rolán
Concelleiro da ACP de Pontecesures