Asociados e veciños de San Xulián están convocados para o sábado 14 de setembro, ás 18:30 horas en primeira convocatoria e ás 19:00 en segunda convocatoria, a esta asemblea que terá lugar na Capela de San Xulián.
1)LIÑA A: dirixida a poboación con escasos recursos económicos que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. 2)LIÑA B: dirixida a poboación moza (menor de 35 anos) que sexa titular ou estea en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos. Contía das axudas: A Liña A será do 40% do custe mensual do aluguer con carácter xeral e do 50% para persoas de 65 e máis anos A Liña B será do 50% do custe mensual do aluguer. Prazo de solicitude:Ata o 11 de outubro.
El martes, 10 de los corrientes, falleció, a los 87 años de edad, este vecino de la rúa Fontaíña de Porto, viudo de Dolores Refojo Bascuas «Lola a Lobata». Sus restos mortales, tras el funeral celebrado hoy, recibieron sepultura en el Cementerio Parroquial de San Xulián.
A Deputación de Pontevedra concedeu unha subvención ao Concello de Pontecesures para a redacción dun PLAN DE MOBILIDADE SUSTENTABLE (PMUS). Neste senso, o Concello de Pontecesures precisa dotarse dun plan de mobilidade sustentable a través do cal poder analizar como funcionan neste momento os fluxos de comunicación (peonil e rodada, en medios de transporte público ou particular, etc.) dentro do propio núcleo urbán e tamén na relación con outros núcleos de poboación e centros de atracción.
Como parte da obtencion de información para a elaboración do devandito Plan de Mobilidade Sustentable, é necesario recurrir a enquisas que reflictan a percepción da cidadanía da situación actual e dos hábitos de mobilidade, medios de transportes utilizados, etc..
Por todo isto, animamos a que a cidadanía de Pontecesures conteste a esta enquisa sinxela que axudará a coñecer e mellorar a mobilidade no noso concello. No seguinte link accédese ao modelo de enquisa: