O PP cualifica con ironía a Pontecesures como «zona verde».

Como dixemos no Pleno anterior que non era lóxico eso de que o personal municipal limpase zonas que non son competencia propia del mentres que outras zonas que sí o son están a monte, pois agora xa nin se mantén nin por uns nin por os outros…“É que non nos fan caso…” confesaba a alcaldesa no Pleno.

Pois eso, que nin Portos, nin Xunta, nin Demarcación de Carreteras do Estado, nin Concello… Pontecesures xa é unha zona verde todo él.

Feliz día das Letras Galegas. Dí o (des)goberno que haberá xabón na Plazuela… lóxico, vindo de quen lles resbala todo…

POPULARES DE PONTECESURES

Os populares de Pontecesures consideran que a visita do Subdelegado do Goberno debeu incluir outras zonas en mal estado.

Pois estaría tamén ben que de paso que se dan unha volta a carón da N550 lles falaran os do (des) goberno ao subdelegado Losada do verxel en que está convertida a rotonda da Praza de Pontevedra con unha herba que impide xa circular con seguridade ou o “verde infinito” do lavadoiro da Chancela, que leva meses sen poñerlle man… se tal.

POPULARES DE PONTECESURES

O IES de Valga ampliará a súa oferta con ciclos de mantemento industrial, mecatrónica e xardinaría.

Os novos cursos comenzarán a impartirse en setembro, todos na modaliade de FP Dual

Ovindeiro curso, o IES de Valga vai ver medrar a súa oferta formativa. Actualmente, o centro imparte ciclos de dúas familias profesionais: a de fabricación mecánica —co básico de Fabricación e montaxe, o medio de Soldadura e caldeiraría e o superior de Construcións metálicas— e a familia agraria —co ciclo básico de Agroxardinaría e composicións florais—. Esta última medrará o vindeiro curso, cando se porá en marcha un novo ciclo medio de Xardinería e florería. «É unha formación que non se imparte en moitos quilómetros á redonda, se ben hai moitísimas empresas que teñen necesidade de persoal cualificado. Por iso pensamos que este novo ciclo representa unha oportunidade inmensa para o alumnado da zona e tamén para as empresas», explicou o director do instituto, Eliseu Mera.

Non é a única novidade do próximo curso. A partir de setembro, dixo, «imos incorporar unha terceira familia profesional, a de instalacións e mantemento, a través dos ciclos de Mantemento electromecánico e de Mecatrónica industrial, que teñen unha gran demanda».

Para coñecer as instalacións que ten o centro e as posibles necesidades cara o vindeiro curso, a directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, visitou este xoves o IES. No percorrido, no que estivo acompañada polo alcalde, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez, Eugenia Pérez indicou que «este centro vai ter un gran impulso, con novos proxectos de formación dual, especialmente relacionados coa fabricación mecánica, un ámbito empresarial moi potente en Valga e arredores» e, como xa quedou dito, coa agroxardinería. «Haberá un incremento importantísimo da oferta que responde a unha demanda de profesionais cualificados por parte das empresas da zona», indicou.

Os novos ciclos impartiranse en modalidade dual, de forma que o alumnado recibirá formación tanto no IES coma en empresas da contorna, recibindo unha remuneración económica.

Bello Maneiro lembrou que o IES de Valga foi pioneiro, no seu día, na posta en marcha da formación dual e afirmou que o Concello que preside «seguirá estando ao lado do equipo directivo do instituto para seguir ampliando a oferta formativa para beneficio tanto do alumnado como das empresas que precisan persoal cualificado».

La Voz de Galicia

Obradoiro de solo pélvico o 22 e maio.

O Concello de Pontecesures realiza un obradoiro de solo pélvico este 22 de maio no Centro Social de 16:00 a 19:00 horas.

CONTIDOS XERAIS:• Anatomía do solo pélvico. Situación.Localización.• Exercicios prácticos para recoñecer a musculatura do solo pélvico.• Funcións do solo pélvico.• Repercusións do embarazo e do parto sobre o solo pélvico.• Debilidade da musculatura do solo pélvico.• Debilidade da faixa abdominal.Repercusións do exercicio e dos abdominais sobre o solo pélvico.• Test de programación abdominal.Exercicios prácticos.• Técnicas de tratamento.Sesión práctica.

OBXECTIVOS:• Mellorar a información e comprensión dos cambios evolutivos na muller.Previr enfemidades propias do colectivo feminino.Haberá prazas limitadas! Imprescindible esterilla!

XXVI Certame Intercentros. Entrega de premios.

O martes 14 de Maio, tivo lugar o XXVI CERTAME INTERCENTROS organizado pola Anpa do CPI Pontecesures no que participaron alumnas e alumnos de 3º,4º,5º e 6º de EP do CEIP Baño-Xanza (Valga); CEP Ferro Couselo (Valga); CPI Progreso (Catoira) e do CPI de Pontecesures.

.As gañadoras e gañadores recibiron como agasallo, ademáis do correspondente diploma, un precioso agasallo feito polas usuarias e usuarios de ASDIVALU (Asociación de Persoas con Discapacidade dos Vales Ulla e Umia).

As alumnas e alumnos de música da ESO ofreceron unha pequena actuación na que nos amosaron as súas habilidades, hai canteira musical en Pontecesures!

Parabéns a todas e todos os participantes pola calidade das súas obras e ás ANPAS dos centros participantes, especialmente á ANPA do CPI Pontecesures polo seu traballo e adicación cos alumnos e alumnas do noso colexio!

CONCELLO DE PONTECESURES

Constitución en Pontecesures da asociación «Baixo Ulla Vivo».

Dende os concellos de Pontecesures, Catoira, Rianxo, Valga, Dodro, Rois e Padrón nace unha iniciativa social para a creación da Plataforma para a defensa do rïo Ulla tras o anuncio do proxecto da macrocelulosa Altri.

Para a formalización da asociación CONVÓCASE unha asemblea aberta o vindeiro XOVES 16 DE MAIO, as 20:00 horas no Centro Xuvenil de Pontecesures (a carón da Biblioteca Municipal).

A orde do día será a seguinte:

  1. Constitución da asociación «Baixo Ulla Vivo».
  2. Nomeamento de Voceiros.
  3. Accións para frear a implantación de Altri en Palas de Reis.
  4. Varios.