ACTIVIDADES DO 25N EN PONTECESURES.

O 25 de novembro celébrase o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero. Por este motivo, o Concello de Pontecesures ven de organizar ao longo desta semana diferentes xornadas de concienciación e sensibilización dirixidas a todo o alumnado do CPI de Pontecesures a fin de espertar o espírito crítico dos máis novos e novas contra a violencia machista.

Ademáis, convidamos a toda a veciñanza de todas as idades a tomar parte no acto que se vai celebrar o próximo sábado día 23 de novembro na Plazuela no que se lerá un manifesto en sinal de repulsa por esta lacra social e se procederá a unha “solta” de globos moi especiais para recordar ás victimas deste mal que atenta contra os dereitos máis fundamentais das mulleres.

Este acto contará tamén con acompañamento músical.

 ¡¡¡Animádevos e traede tamén aos máis pequech@s!!!

ADXUDICACIÓN OBRAS CONCELLO DE PONTECESURES

A Xunta de Goberno Local ven de adxudicar as seguintes obras:

  • “Fresado e Reasfaltado dun tramo da Rúa Carlos Maside”.

Consistente no fresado de 925 m2 para a posterior aplicación dunha capa de 6 cm de asfalto en quente.

A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 19.344,60€ (15.987,27€ máis 3.357,33€ de IVE) financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019

  • “Reurbanización dun tramo da Rúa Porto de Arriba”.

 Consistente en:

  1. Porto de arriba.- Saneo dun tramo de 35 m e a execución dun muro de contención, realización dun foxo de 59 m para a instalación de tubería de PVC para saneamento con reposición das acometidas existentes e a realización dun foxo de 75 m para a instalación de tubería de PE para abastecemento e unha nova capa de rodadura en todo o ancho da rúa.
  • Caldeirón de arriba.- construcción dun foxo de 95 m para tubería de PE de abastecemento con reposición de acometidas existentes e o extendido dunha capa de 5 cm de aglomerado en quente en todo o ancho da rúa.

A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez SA por un importe de 24.969,60€ (20.636,03€ máis 4.333,57€ de IVE)  financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2019

  • “Reforma e Renovación de Pista Deportiva”.

Consistente na limpeza mecánica da soleira, realización dunha nova pavimentación, marcaxe das pistas previstas e a construcción dunha pista de padel na pista Polideportiva da zona do peirado.

A obra foi adxudicada á empresa Zona de Obra O Rosal SL por un importe de 34.461,73€ (28.480,77€ máis 5.980,96€ de IVE)  financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2018.

  • “Acondicionamento dun parque infantil en Grobas”.

Consistente na adecuación duns terreos para o seu uso como parque infantil realizando unha limpeza da zona de maleza e terra vexetal, retirada de mallas e restos de muros e xogos existentes e a realización dun novo peche, coa pavimentación da zona e a colocación duns xogos.

A obra foi adxudicada á empresa Actividades de Construcción, Edificación y Viales SL por un importe de 12.816,32€ (10.592,00€ máis 2.224,32€ de IVE)  financiados na súa totalidade pola Deputación de Pontevedra a través das baixas das obras do Plan Concellos 2017.

Vidal Seage e Santiago Villanueva estudan o futuro da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil.

Esta semana o Alcade de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, mantivo unha reunión de traballo co Director Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia, Santiago Villanueva.

En dita reunión o alcalde informou ó Director Xeral de Emerxencias da Xunta da situación actual das emerxencias no concello de Pontecesures e os protocolos que está a levar a cabo o 112 para atender as demandas de operativos en Pontecesures dende que a actual Agrupación de Voluntarios de Protección Civil anunciara o cese da sua actividade hai xa máis de un ano.

Analizáronse a operatividade e os costes de mantemento que supoñen para o Concello a potencial continuidade deste servizo e estudáronse tamén diversas medidas que permitan favorecer a coordinación entre as distintas agrupacións que prestan servizo na zona Ulla-Umia; especialmente a labor dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) e máis en concreto os situados nos veciños concellos de Valga e Padrón.

Tamén se interesou o Alcalde polo convenio de cooperación da Administración Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixiantes municipais e auxiliares de policía local regulado polo Decreto 115/2017 a fin de regularizar a situación dos corpos que están na actualidade a desempeñar as labores recollidas na vixente Lei.

En ambos casos Santiago Villanueva informou a Vidal Seage do seu compromiso para estudar ambos temas a fin de que coa coordinación Xunta-Concello se poidan regularizar ambas situacións e dar cobertura axeitada a emerxencias e seguridade cidadá dentro dun marco normativo que cumpla coa legalidade.