Sin Categoria
Trens que non circularán hoxe por Pontecesures pola folga feminista.
Dirección Vilagarcía: 10:35, 14:17 e 18:20 horas.
Dirección Vilagarcía, Pontevedra e Vigo: 22:21 horas.
Dirección Santiago: 12:16, 15:42 e 21:00 horas.
Sin Categoria
Finou «Maruja a de Antonio».
Aos 72 anos de idade morreu a veciña do Castro, 15, Mª Flora Buceta Vigo, que estaba casada con Antonio González González. O velorio está instalado no Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Hoxe venres ás 17 horas terá lugar o funeral na Igrexa de Pontecesures. Os restos mortais recibirán sepultura logo no cemiterio parroquial de Campaña.
Descanse en paz.
Sin Categoria
El alcalde de Pontecesures visitó a la conselleira de infraestructuras.
Visitó Vidal Seage a la Conselleira para solicitarlle melloras na estrada PO214 que vai dende Pontecesures a Baloira (A Estrada). Estudiamos a mellora e modificación da sinalización, colocación de reductores de velocidades e mellora da situación do firme e dotación de beirarúas no paso polo noso concello.
Sin Categoria
Portos destinará 100.000 euros a construír un pantalán de pasaxe en Pontecesures.
Portos de Galicia investirá preto de 100 mil euros na construción dun pantalán de pasaxe en Pontecesures. A obra atópase en tramitación ambiental previa á saída a licitación, e contempla tamén a ampliación do pantalán da escola de vela da vila.
Portos de Galicia construirá un novo pantalán de pasaxe no porto de Pontecesures. O ente autonómico destinará preto de 100 mil euros a esta intervención, que suporá tamén a ampliación do actual pantalán da escola de vela.
O pantalán terá acceso na rampla de descarga fronte á praza de abastos, e contará cunha porta metálica, a pasarela de 16 metros e dous metros de paso. Dende Portos destacaron a importancia deste equipamento; máis aínda ás portas do Xacobeo 2021.
Hai tempo que o concello demanda esta intervención, que mellorará o servizo que ofrece o porto cesureño ao tráfico de pasaxeiros.
Na actualidade, a obra atópase na fase de tramitación ambiental. Trátase do paso previo á súa saída a licitación. A intención dende Portos é axilizar os prazos o máximo posible.
Canal 7 Rías Baixas