Novas anteriores · páxina 682
HORAS DA FIN DE SEMANA DEPORTIVA DOS CLUBS DE PONTECESURES
Misas de defuntos.
No día de hoxe, 1 de novembro, haberá unha misa ás 19:30 horas na Capela do Pilar do cemiterio parroquial para lembrar aos defuntos de dito cemiterio.
No cemiterio municipal de Condide a misa xa tivo lugar ás 11:30 horas.
Mañá 2 de novembro, Día de Defuntos, o Solemne acto de Ánimas terá lugar ás 19:00 horas na Igrexa de Pontecesures.
ANUNCIO CONCELLO DE PONTECESURES: EXPOSICIÓN PÚBLICA E COBRANZA EN VOLUNTARIA DAS TAXAS E PREZOS PÚBLICOS POR: Sumidoiros, Cemiterios, Entrada Vehículos e Reserva Aparcamento do 2018, Recollida Lixo do 2018.
ACTIVIDADE DEPORTIVA DE ZUMBA NO XIMNASIO DO CPI DE PONTECESURES.
BOLETÍN DE OFERTAS DE EMPREGO DA FUNDACIÓN AMIGOS DE GALICIA (26/OUTUBRO/2018).
Trens que non circularán mañá por Pontecesures por mor da folga.
Dirección Santiago de Compostela: 12:36; 15:42 e 21:01 horas.
Dirección Vilagarcía de Arousa: 10:35, 14:17 e 18:20 horas.
Dirección Vilagarcía de Arousa, Pontevedra e Vigo: 22:21 horas.
Finou Manuela Castromán Seoane.
Aos 96 anos de idade finou esta veciña de San Xulián viúva de Antonio Llerena Ferro. O velorio está instalado na sala 3 do Tanatorio Iria Flavia de Padrón. Mañá domingo día 28 de outubro, ás 18 horas, terá lugar a misa “corpore insepulto” na Igrexa de Pontecesures. De seguido os restos mortais recibirán sepultura no Cemiterio Parroquial de San Xulián.
Descanse en paz.



