TEATRO, COMEDIA XESTUAL, CLOWN NO CENTRO SOCIAL DE PONTECESURES. SÁBADO 15 DE SETEMBRO ÁS 22.00 HORAS: A COMPANÍA PÍSCORE CO SEU â??CONCERTO SINGULARâ?�.
O Concello de Pontecesures continua coa súa programación cultural de verán, neste mes de setembro con 3 espectáculos teatrais no Centro Social. Se o pasado sábado 8 era o turno da compañía Fulano, Mengano e Citano con â??TOP MANTAâ?�, este sábado 15 ás 10 da noite a compañía Píscore ofrecenos â??CONCERTO SINGULARâ?�. Este ciclo de teatro remata o sábado 22 de setembro coa obra â??LEONARDO E OS FONTANEIROSâ?� da compañía Ubú Teatro para público infantil e familiar, unha obra orixinal de María Victoria Moreno â??autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2018-.
PÍSCORE
â??Concerto Singularâ?�
A compañía Píscore chegan para levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. Son unha compañía que naceu na primavera do 2016 e que homenaxea co seu nome á famosa â??Esther Píscoreâ?�, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. Teñen a premisa de facernos rir dende o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi próxima á comedia xestual máis clásica.
O espectáculo
Premio do Público Festiclown 2017
Que acontece cando se convoca a catro grandes solistas para un único concerto? Catro prestixiosos músicos fronte a un grande conflito: 16 baquetas e unha soa marimba. Eles están dispostos a facela soar do xeito máis orixinal e abraiante. Organizarse xa non vai ser tan doado. Píscore achéganos a mellor música e moito humor para un concerto singular nunha proposta que se encadra na liña dos grandes espectáculos que mesturan o virtuosismo musical e os ritmos coa comedia xestual, o clown e a participación do público.









