Apagón do alumeado público nas rúas centrais de Pontecesures

Xa no día de onte operarios da empresa Setga estiveron buscando a avería que provoca que cada certo tempo se produzan apagóns nas rúas centrais do pobo. Según os técnicos desta empresa estes apagóns veñen motivados pola deficiente obra feita polo anterior equipo de goberno na instalación dos proxectores que alumean o coche de pedra, xa que inda que estes son estancos, no seu día non se deixou unha capa de drenaxe baixo iles o que motiva que cando se enchen de auga provoquen os apagóns.

Durante o día de hoxe a empresa Setga prevee deixar solucionado o problema.

O equipo de goberno lamenta as molestias provocadas ós cidadáns e espera que o problema quede subsanado o antes posible.

Traballos semanais realizados pola brigada de obras do Concello de Pontecesures

Nesta semana a brigada de obras do Concello realizou as seguintes tarefas:

1) Limpeza e desbroce do parque infantil de infesta, dos xardíns do centro médico, dos xardíns da piscina municipal, da rúa Carlos Maside, dun caleixón na rúa Diputación, na entrada e no aparcadoiro da rúa dos Namorados e un tramo da rúa Calera.

2) Colocar mástiles galvanizados e espellos de tráfico na rúa Diputación e no Camiño dos Mariñeiros.

3) Limpeza de saneamento na rúa Portarraxoi.

4) Remate do pintado das varandas nas gradas do pavillón.

5) Colocación e montaxe dunha varanda de aceiro galvanizado na rúa Caldeirón de Arriba.

6) Remate da reparación das bombas de saneamento no pozo de San Xulián.

7) Colocación de carteis sinalizadores nas gradas do pavillón.

8 ) Reparación do portal de entrada do campo de fútbol Ramón Dieguez.

9) Colocar porta metálica en cuadro de contadores eléctricos na E.D.A.R. e construcción dun pasillo de acceso.

10) Colocación de plaquetas na Rúa Victor García.

11) Reparación dunha avería na tubería de abastecemento dos depósitos de auga potabel en Condide.

 

 

Avería na Rúa Diputación.

Sobre as 9:45 horas desta mañán un veciño alertou á concellería de obras e á alcaldía dunha avería na instalación de augas na rúa Diputación. Unha vez comunicado o percance ó servizo técnico municipal e despois de presentarse no lugar o servizo técnico e o concelleiro de obras procedeuse ó arranxo da avería. Sobre as 11:45 horas a avería quedou completamente subsanada.