BALONCESTO: HORARIOS DESTA FIN DE SEMANA

Esta semana temos os seguintes partidos, con estes horarios:

Cadete Masculino: Sábado ás 11.45 h. en Pontecesures, contra o Estudiantes de Pontevedra.

O partido mais facil da copa a priori, xa que na liga gañaran os nosos de 70 puntos. Os nosos non deben de descuidarse e coller ritmo para os vindeiros partidos que decidiran os finalistas copeiros da categoría.

Infantil masculino. Domingo ás 17.15 h. en Pontecesures, contra Estudiantes de Pontevedra.

Este partido presentase moi igualado, pois na liga os de Pontevedra gañaran ós nosos por pouca diferencia.

– Infantil femenino. Sabado ás 19.15 h. no Grove, contra o Meco.

Con este partido pechase a liguilla de copa, e ambos equipos están clasificados para a final, que se xogará probablemente a vindeira fin de semana. Partido intrascendente por tanto, pois o bo vai ser a a final, pero o 1º posto desta liguilla está en xogo.

– Alevin mixto. Sábado ás 17 h. contrra Xuven, en Cambados.

ificil partido para os nosos, que si queren chegar a xogar as semifinais copeiras , terán que gañar contra un rival directo para meterse de segundos. En caso contrario sería o derradeiro partido da temporada, e a despedida da actegoría de varios xogadores/as deste equipo da escola, pois para o ano por idade pasan para os infantís.

BALONCESTO: OS EQUIPOS INFERIORES INICIAN SEUS TORNEOS DE COPA ZONAL

A tempada 2008-09 entre na recta final, pois queda mes e medio de competición antes de poñer peche a esta campaña. Sortearonse a inicios desta semán os rivais da copa zonal arousana, nas categorías inferiores, e o s sorteos depararon que esta vindeira fin de semna 2 equipos teñan xa partido.

Os cadetes xogan este sabado ás 16 h. en Cambados contra o Xuven, nun dificil partido.

Mais facil se lle presenta ás nenas infantís ique nician o domingo, contra o Cortegada a súa participación copeira, xogando en Carril ás 17 h.

Alevíns e Infantil masculino terán que esperar 1 e 2  semanas respectivamente para iniciar a sua participación neste torneo.

Conferencia “El Lenguaje de Internet”

Dentro do “IV Master de Periodismo en Baloncesto” organizado pola Federación Española de Baloncesto, o cesureño Antonio Cortés dará unha conferencia sobre os novos medios para xornalistas, na que amosarán diferentes formas de xestionar a información e conductas dos usuarios á hora de percurar información e asimilala.

Será ás 17 horas do sábado 28 de Marzo na Casa da provincia de Sevilla.

Máis información

Familia numerosa en Campaña, en momentos de crise.

As catro ovelliñas son as delicias de todos os membros da familia valguesa.

Se xa nos tempos nos que andamos é difícil atopar partos de xemelgos, máis raro é ver como unha ovella trae ao mundo catro novos membros. Isto foi o que aconteceu o luns na parroquia valguesa de Campaña onde unha familia comprobou, para sorpresa de todos, como un dos seus animais paría case un equipo de baloncesto.
Tino, Tina, Elías e Elisa son os nomes que os donos elixiron para estes novos membros da familia, que xa son a alegría da casa. A elección destes nomes ten unha explicación moi sinxela: Os dous primeiros, pola proximidade da celebración do día de San Valentín coa data de nacemento, e os últimos, por ser a onomástica que tiña lugar o día que naceron.

O bautismo dos recén nacidos foi case inmediato pero, por sorprendente que pareza, a proxenitora non poderá festexar a súa onomástica, posto que oficialmente aínda non ten nome.

Feito habitual > A esta familia de Campaña non se lles fai raro este nacemento xa que no parto anterior foron tres as crías que naceron. Aínda así, a pesares de tratarse de algo ??normal? para eles, a sorpresa foi maiúscula cando un dos membros tivo que ir atender o parto.

Os catro pericos, aínda que chegaron nun parto múltiple, naceron sen ningunha complicación e ás poucas horas xa estaban a pacer herba no campo no que a familia acostuma deixar aos animais para que se alimenten.

En definitiva, un feito insólito que fixo felices sobre todo aos membros máis pequenos desta familia valguesa para os que os novos pericos son como un novo xoguete, aínda que vivo, cos que divertirse nestes días nos que o tempo está a dar unha tregua, logo das chuvias que fixeron acto de presencia hai unhas semanas.
OS PARTOS M?LTIPLES son algo habitual nesta casa xa que o pasado mércores unha cabra traía ao mundo dúas crías, algo que, ao parecer, xa é habitual neste animal e á familia non lles parece raro; é máis, se só trouxera un si que sería algo pouco habitual.

DIARIO DE AROUSA, 22/02/09

BALONCESTO: O NENO JOSE CARLOS GARCIA CONVOCADO POLA SELECCION GALEGA INFANTIL “PROMESAS” PARA DISPUTAR UN TORNEO NESTA FIN DE SEMANA

Chegou esta boa nova para o club estes pasados dias: Os seleccionadores galegos incluiron na súa convocatoria ó xogador do noso club, para disputar o “Torneo das Linguas do Camiño” que se celebrará en Lugo, do 6 ó 8 de decembro.

A selección galega “promesas” está formada polos rapaces infantís de 1º ano, os nados en 1996. O nome do equipo é o de “caixa Galicia CETI 96”.  E un torneo para ir vendo posibles xogadores que non están agora mesmo na selección galega infantil, pero que poden ser chamados en calquera momento. De entrada este sábado, as 10 da mañán Jose Carlos ten que presentarse nun hotel de Lugo para formar parte desta selección. Outro logro mais na súa traxectoria deportiva, pois xa leva xa un par de anos indo os campionatos de seleccións zonais, para agora dar o salto á seleccion galega.

A este éxito únese o de ter gañado en xullo pasado unha beca para ir ó Campus de Unicaja de Malaga en xullo de 2009.

Sorte nestes dias, que o disfrutes, e seguiremos con atención as novas que chegan dende Lugo esta fin de semana.

A federación galega colgou esta tarde o seguinte enlace na súa web respecto deste torneo:

http://www.fegaba.com/actualidade/amosar.php?id=1186&a-federacion-galega-de-baloncesto-colabora-e-participa-no-torneo-internacional-linguas-do-camino