La Biblioteca cesureña difundirá sus novedades en su perfil de Facebook.

La Biblioteca de Pontecesures estrena su presencia en las redes a través del perfil de Facebook (https://www.facebook.com/biblioteca.deponteceures).

“A través del poderanse coñecer os últimos libros incorporados aos fondos da Biblioteca, as actividades que se organizan, novas de interese, películas, contos dixitais, video-contos e diversos enlaces”, explica el concejal Roque Araújo.

Asimismo, recuerda que la Biblioteca Municipal de Pontecesures está integrada en el proyecto Meiga, que permite a los usuarios realizar un amplio abanico de consultas sobre los fondos del centro, así como las del resto de las bibliotecas de Galicia que participan en esta iniciativa.

Araújo apunta que “simplemente con ter acceso a Internet o usuario poderá consultar se a Biblioteca Municipal de Pontecesures dispón de un determinado libro ou audiovisual e se o exemplar está dispoñible nese momento ou foi prestado”. Tambión ofrece la opción de realizar gestiones en línea, como la solicitud de renovación del carnet de la biblioteca.

Diario de Pontevedra

PRESENTACI?N DE “MEDRANDO Á PAR” EN PONTECESURES PARA O ANO 2013. SERVIZO INTEGRAL EDUCATIVO DE APOIO ÁS FAMILIAS CON NENOS DE 0 A 6 ANOS.

cartel medrando a par 2013REDUX

O vindeiro martes, 24 de setembro a Asociación Medrando á Par presentará o programa educativo que está a prestar esta entidade e da que poden beneficiarse todos os veciños de Pontecesures que queiran participar, o acto terá lugar no local do club xuvenil, situado ao lado da Biblioteca Municipal, e nel explicarase o proxecto ás familias interesadas en asistir ao novo curso 2013/2014 que agora da comezo.

O obxectivo de Medrando á Par é fomentar a competencia educativa das familias coa creación dos espazos das familias, con reunións de apoio, nas que se desenvolverán actividades educativas nas que participarán conxuntamente nenos e pais.

As xuntanzas celebraranse cunha periodicidade quincenal dende outubro a xuño do vindeiro ano.

Un ano máis, coa firma do convenio de colaboración o Concello de Pontecesures, desde sempre preocupado polo apoio á familia, aposta por darlle continuidade a un servizo de asesoramento e atención educativo ás familias da nosa vila que tendes nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 6 anos, consideramos que esta primeira etapa e fundamental no desenvolvemento da persoa.

Dende o Concello estamos convencidos da necesidade de contribuir con toda a axuda que sexa posible para facilitar recursos que den apoio ós pais e nais na difícil tarefa de educar ós nosos nenos e nenas.

Invitámosvos e animamos a que participedes.

Díptico informativo desta actividade:

http://pontecesures.org/recursos/d%C3%ADptico_medrando_a_par.pdf

Nova convocatoria do Banco de Libros de texto

bancolibros 2013 webPor segundo ano consecutivo, o Concello de Pontecesures pon en marcha o Banco de Libros, unha iniciativa que promove o préstamo de manuais escolares, unha vez liquidado o sistema de gratuidade universal.
O obxectivo do Banco de Libros é fomentar a solidariedade en beneficio das familias con menos recursos económicos, e animar aos rapaces e rapazas no respecto ao medio ambiente mediante a reutilización dos manuais, ensinándolles a que respecten e coiden os seus libros de texto, e a que os cedan a outros cando xa non os precisen.
Deste xeito promóvese que os libros pasen dunha familia a outra, evitando a compra anual, e procurando o uso racional dos recursos didácticos. Os libros poden ser depositados na Casa do Concello, Biblioteca Municipal e no propio centro escolar.
Na primeira edición foron 120 os libros recolllidos con esta iniciativa, apoiada pola ANPA e a dirección do CPI Pontecesures.

“Ler conta moito” achégase de novo a Pontecesures

Tras a Noite na Bibliteca do pasado 27 de abril, o programa Ler conta moito, de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Rede de Bibliotecas públicas de Galícia em colaboración cos concellos, vén de novo a Pontecesures.
A primeira das actividades a realizar será Contos para todos, un espectáculo de títeres, contacontos , maxia animación e clown, o 10 de maio para 3º e 4º de Educación Primaria. Continuará con Contos animaliños, onde unha contadora relatará unha serie de contos nos que os protagonistas son os animais, o 14 de maio para 1º e 2º de Educación Primaria. Na seguinte, As dúbidas dos animais, o 15 de maio, para 5º e 6º de Educación Primaria, será unha actividade de contacontos na que os participantes descobrirán que as dúbidas e os medos tamén as sofren os animais. Os alumnos de secundaria terán o seu turno o 15 de maio co Obradoiro de improvisación en verso onde dous improvisadores traballarán dun xeito interactivo cos asistentes para inicialos nos segredos da regueifa. Por último, A cara dos contos, é una contada para nenos acompañada de obxectos, adiviñas, trabalinguas e cancións o 16 de maio para 2º e 3º ciclo de Educación Infantil.
Todas as actividades terán lugar na Biblioteca municipal ás 12 da mañá, a excepción da do dia 15 de maio destinada aos alumnos de secundaria, que terá lugar ás 5 da tarde.

Unha velada de libros na biblioteca de Pontecesures.

 

noite na biblioteca 2013 web

A Biblioteca Municipal de Pontecesures invita aos rapaces e rapazas de 9 a 11 anos do concello a pasar unha noite distinta. Dentro do programa ??Ler conta moito?, anímase aos rapaces a disfrutar dun contacontos e da lectura compartida de libros cos amigos. A actividade desenvolverase das 9:30 da noite do sábado 27 ata as 9:30 do domingo, e os nenos deberán ir provistos do correspondente saco de dormir. Tras unha velada intensa de historias, os rapaces repoñerán forzas con almorzo ofrecido polo Café Bar Galicia.

O número de prazas para esta actividade é de 25, e a inscrición pode realizarse na propia Biblioteca Municipal de Pontecesures, en horario de tarde.