Algunhas das persoas premiadas na campaña “POLO NADAL MERCAR EN PONTECESURES TEN PREMIO”.

CONCELLO DE PONTECESURES

Mercar en Pontecesures ten premio.

O Concello de Pontecesures impulsa, ante a chegada das festas de Nadal, a campaña de dinamización do comercio local “Polo Nadal, mercar en Pontecesures ten premio”.

Una acción de apoio aos emprendedores locais coa que desexa recordar a toda a cidadanía a importancia de apoiar aos establecementos comerciais do concello.

Os clientes dos establecementos adheridos á campaña recibirán papeletas polas súas compras. Estas, unha vez cumplimentadas cos datos dos clientes, poderanse depositar nas urnas habilitadas nos mesmos comercios e na propia Casa do Concello.

Todas as papeletas participarán no sorteo dunha tablet e outros premios facilitados polos establecementos locais. Os gañadores coñeceranse o vindeiro 11 de xaneiro de 2024 no sorteo que se celebrará na Casa do Concello.

Concello de Pontecesures

Cirios con tapa, a solución de Cerería San Román fronte á previsión de chuvia e vento.

Joaquín Diéguez acende as candeas que reciben á clientela de Cerería San Román, mentres a súa nai, Dolores Quintas, agarda no interior da tenda.
Joaquín Diéguez mostra os cirios que máis se venden para levar ao cemiterio.
Joaquín Diéguez está á fronte de Cerería San Román.
Afluencia de clientes á cerería na véspera do un de novembro.

Unha cita ineludible ás portas de Todos os Santos e Defuntos é a Cerería San Román, un negocio familiar que leva despachando dende o número 16 da rúa San Román de Pontevedra máis de 60 anos. A casa matriz, Cerería Diéguez, está en Pontecesures, cuxa fábrica supera o século de historia.

Nestes días previos, a entrada de clientela ao establecemento é incesante, chegando nalgúns momentos a formarse unha ringleira no exterior. Joaquín Diéguez, pertencente á cuarta xeración e o actual responsable do establecemento, lembra que cando se incorporou ao negocio con 17 anos “a cola seguía por toda a rúa, ata a praza da Verdura”. Con todo, “aínda que non é como antes, dá gusto coa xente, hai clientes que só veñen unha vez ao ano para levar ao cemiterio os seus cirios e buscan unha candea boa para ese día”. 

Esta clientela xa coñecida vén de todos os puntos da provincia e mesmo de fóra. “Estes días, por exemplo, veu unha familia de Ourense”, aclara Diéguez. Dende principios do mes de outubro xa se nota unha subida nas vendas, máis intensa nesta última semana, na que a tenda dobrou horario. “Do 24 ao 31 abrimos mañá e tarde”, reza o cartel na porta.

O punto diferencial que garante a calidade das candeas de Cerería San Román é que son cen por cen artesás. Na sede de Pontecesures o propio Joaquín encárgase de elaborar as candeas, traballo que alterna coa venda no establecemento de Pontevedra. “Eu creo que son o único que fabrica e que vende, que eu saiba en Galicia, non hai ninguén que tamén teña tenda”, afirma Joaquín, quen na actualidade está ao cargo en solitario de todas as tarefas da empresa cereira. 

Que diferencia unha candea artesá doutra de produción industrial? Joaquín sinala un dos cirios que está a piques de cobrar a unha clienta e explica que “esta candea é única, non a hai igual noutro lugar, porque eu póñolle unha cantidade determinada de cera e un peso adecuado”, o que asegura unha maior duración acesa. É máis, Diéguez descóbrenos que tamén cambia a densidade da cera en función de se a candea se vai acender no inverno ou verán.  

“Este ano as vendas van a bo ritmo, non me podo queixar, a pesar da choiva”, apunta o cereiro. Como pode influr a choiva neste negocio se a xente segue acudindo ao cemiterio estas datas? “A xente que ten tradición segue indo ao cemiterio, chova ou non, pero se ten a lápida exterior, hai xente que non pon candea porque quere tela acendida ese día, que é o único que vai en todo o ano”. Para estes casos, na tenda venden unhas tapas metálicas que protexen a chama e deféndena das inclemencias meteorolóxicas, tanto da choiva como do vento. Na visita de PontevedraViva ao establecemento, os cirios, con e sen tapa, son o modelo máis despachado.

Xa viñan os meus avós, meus pais e agora eu“, di unha das clientas mentres conta os once cirios que vai levar para repartir en tres camposantos. “Xa teño moita máis xente alí que aquí”, confíanos. Outra clienta agarda, acompañada da súa nai, para mercar seis candeas que levará a dous cemiterios da contorna de Pontevedra. No seu caso, tamén é unha tradición familiar acudir nestas datas á Cerería San Román, “e o resto do ano tamén”, sinala. Ao cemiterio pontevedrés de San Amaro chegarán as catro candeas que unha terceira clienta levará aos seus pais, dos que “herdou” a tradición de mercar velas nesta emblemática tenda.

O un de novembro, festivo no calendario laboral, debería ser unha xornada de descanso para Joaquín Diéguez, despois de semanas de intenso traballo. Para a nosa sorpresa, confesa que a campaña para os Defuntos de 2024 empezará nese mesmo día. “O día primeiro, ao acabar, xa empezo para o ano que vén elaborando candeas para todo o stock, ao ser artesanal tes que ir facendo, non podes facer de golpe todo”, remata o cereiro.

Pontevedra Viva

Pontecesures no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

O 𝗖𝗼𝗻𝗰𝗲𝗹𝗹𝗼 𝗱𝗲 𝗣𝗼𝗻𝘁𝗲𝗰𝗲𝘀𝘂𝗿𝗲𝘀, representado pola alcaldesa 𝗠𝗮𝗶𝘁𝗲 𝗧𝗼𝗰𝗶𝗻𝗼, ven de participar no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que abriu o novo ciclo 2023-2027 cunha Asemblea Xeral na que se aprobou por unanimidade a composición da nova Comisión Executiva.

O equipo técnico da entidade repasou as accións que se están a promover, comezando polos proxectos de cooperación ao desenvolvemento nos países do Sur Global. Nestes intres, estanse a apoiar sete actuacións directas ou a través de ONGD galegas no Sáhara, Mozambique, Guinea-Bissau, Guatemala, Nicaragua e El Salvador. Ademais, nas vindeiras semanas persoal dos concellos de Boiro, Lousame e Pontedeume compartirán os seus coñecementos cos parceiros en terreo a través do programa Especialistas en Cooperar. Tamén se celebrará na Illa do Príncipe o IV Foro da Cooperación Municipalista da Lusofona e organizarase ademais unha misión aos campamentos de persoas refuxiadas saharauís na que políticas e políticos das deputacións e concellos están chamados a participar.

Presentouse tamén en primicia a campaña ‘313 Olladas Solidarias’ que o Fondo Galego desenvolverá neste último trimestre por toda Galiza; tamén o II Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, organizado en Lugo coa participación de máis de 200 asistentes, ou as recentes visitas de delegacións chegadas Brasil, Italia, Príncipe e da República Árabe Democrática Saharauí para intercambiar experiencia♻️ Por último, na área de educación para a cidadanía global cobra especial protagonismo o proxecto europeo People & Planet, que busca involucrar á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático a través de actividades como consellos xuvenís, comunicación de guerrilla, performance, debuxo urbano, cociña sostible, concursos de vídeos e murais, exposicións virtuais ou os futuros obradoiros para a localización dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. A xuntanza pechouse lembrando as ferramentas comunicativas que ofrece o FGCS, como son as súas rrss.

Concello de Pontecesures

Finou Enrique “O Panadeiro”.

Aos 62 anos de idade morreu Enrique Pardal Campaña veciño da Rúa Nova de Pontecesures, casado con Yolanda Álvarez Angueira. O velorio instalarase (17 horas) no Tanatorio de Cordeiro.

Mañá luns 6 de marzo, ás 17 horas, terá lugar o funeral na Igrexa Parroquial de Santa Columba de Cordeiro. Logo os restos mortais recibirán sepultura no cemiterio parroquial.

Descanse en paz.

MAÑA VENRES NOVO SORTEO EXTRAORDINARIO DA CAMPAÑA “PONTECESURES É PRÓXIMO”.

Logo de cumprirse o prazo para reclamar os boletos gañadores hoxe xoves as 14 h. e posto que apareceron 4 dos 5 premiados, mañá venres dia 26 de Novembro terá lugar ás 13 h no Salon de Plenos na Casa do Concello o segundo sorteo extraordinario da campaña “Pontecesures Próximo” ao faltar 1 número por levar o premio.

Asimesmo os comerciantes achegarán ás oficinas do concello as rifas entregadas nestes dias ate as 12 h do mediodia de mañá venres. A entrada para o sorteo será libre ate completar o aforo máximo de 25 persoas.

Animamos a que calquer comerciante, hostaleiro, veciñ@ que queira asistir se achegue á Casa do Concello para presenciar o sorteo e incluso ser a persoa que extraia a papeleta gañadora do vale por importe de 250€.