Novidades na procesión do Nazareno de Pontecesures.

A Confraría do Nazareno de Carreiras ben de informar que este ano para manter a imaxe nas mellores condicións (presenta danos por mor da súa antigüidade) vai quedar a noite de Xoves Santo na casa de Maximino Freiría dende onde sairá o Venres Santo en procesión cun percorrido máis curto. De todos os xeitos a comitiva sairá como todos os anos do lugar de costume en Carreiras cos estandartes e a banda de música, deténdose logo para incorporar á imaxe do Nazareno a altura da citada casa.

A confraría agradeceu ao socio Maximino Freiría Potel a súa disposición, publicou o estado de contas e informou de que na primeira semana de marzo pasarase ao cobro a cota de 2017.

ACTUACI?NS PARA SUBSANAR OS DANOS OCASIONADOS POLO TEMPORAL EN PONTECESURES.

Nestes momentos persoal do Concello de Pontecesures está a traballar para resolver os danos ocasionados polo forte temporal de vento e choiva das últimas xornadas. As actuacións que se están a levar a cabo no día de hoxe son as seguintes:

  • Desatranco na rede de saneamento nas rúas Redondo, Avenida dos Namorados e Praza de Pontevedra.
  • Reposición de subministro eléctrico na Rúa do Cantillo (por parte de persoal de Unión Fenosa Distribución).
  • Retirada de árbores caídas e obstáculos na vía pública.

Ante calquer outra deficiencia ou dano que precise de intervención, informase aos veciños/as que poden dar aviso da mesma no seguinte teléfono das oficinas municipais: 986 557 125

Espectacular incendio no edificio onde estaba o bar “A Pía”.

IMG-20150330-WA0001

Sobre ás 4:45 horas da pasada madrugada declarouse un incendio neste edificio situado na rúa San Lois nº 25 no pleno centro de Pontecesures. A edificación de baixo e dous andares, moi antiga, na que non vivía ninguén quedou arrasada por completo. Houbo un importante operativo para a extinción do incendio. Estábase a avaliar se houbo danos nas edificacións colindantes das que foron evacuados os seus habitantes ao se declarar o incendio.

Entran a roubar na sede do PP de Pontecesures e nunha tenda de informática.

Na madrugada do sábado 6 de outubro ao domingo 7 entraron a roubar no edificio situado na rúa Víctor García nº 24 e Pontecesures. Forzaron a porta do baixo onde se atopa a sede do PP e revolveron caixóns na busca, posiblemente, de diñeiro en efectivo. Ao non hebelo, abandonaron o local sen levarse, aparentemente, nada causando danos materiais (pechadura, cristais, etc..)
No mesmo edificio, entraron na tenda de informática Inforede, e levaron, ao parecer, un teléfono móbil.