Ante o pésimo estado da Rúa Eugenio Escuredo, con abundantes fochas, que provocan tanto a perigosidade na circulación como o risco de danos nos vehículos, o Concello de Pontecesures ven de reclamarlle a Portos de Galicia a pavimentación da rúa.
Reparación dos desperfectos na intersección das rúas Avenida de Vigo e Ullán
Sobre as 20:30 horas de onte produciuse un accidente de circulación, no que se viron involucrados dous vehículos, na intersección das rúas Avenida de Vigo e Ullán. Aparte dos danos materiais, un dos conductores resultou ferido sendo trasladado nunha ambulancía ó Hospital Clínico de Santiago.
No día de hoxe a Policía Local de Pontecesures trasladoulle á Dirección Xeral de Estradas do Estado un informe dos danos materiais provocados polo accidente, consistentes no destrozo dunha isleta de adoquíns e unha sinal de tráfico.
Dende a Dirección Xeral de Estradas do Estado comprometéronse ó arranxo dos desperfectos nos vindeiros días.
Danos do temporal en Pontecesures
As consecuencias do temporal do día de hoxe en Pontecesures foron cuantiosas. Ademais das habituais caídas de valados de obra e contedores de lixo, temos que resaltar o peche da senda peonil de subida ás escolas provocado pola caída dunha árbore, que levou por diante un tendido eléctrico. Dende primeiras horas da mañán, o servizo municipal de obras empregouse a fondo nesta avaría e niste momento está totalmente arranxada. Como diciamos , por seguridade o grupo de goberno municipal procedeu ó peche durante o día de hoxe desta senda.
Tamén hai que dar conta da rotura dunha cristaleira da praza de abastos municipal coa que se está a proceder ó seu arranxo, para evitar a entrada da choiva no interior.
Por último indicar que a excursión programada para os nenos de infantil do colexio C.P.I. de Pontecesures ó Belén de Campaña está mañán quedou anulada.
Dende o grupo de goberno municipal queremos pedirlle ós veciños que extremen as medidas de seguridade perante a duración do temporal.
A tirolina do parque Vicente Moure está de novo operativa.
Logo de que fora arrincado por alguén o asento de goma o día 4 de xullo (xa estaba bastante deteriorado), causando incluso danos a estrutura a un neno, e de romper un dos paus de apoio, o xogo foi inutilizado temporalmente. Dende o pasado 29 de xullo o aparello está operativo unha vez arranxadas as deficiencias.
Estanse a facer xestións para que o semáforo da praza de Pontevedra estea operativo canto antes.
Este semáforo peonil de pulsar, tivo danos de importancia por mor do alustro da semana pasada. A empresa SETGA está a proceder ao seu arranxo, algo que é moi demandado pois utilízano moitos veciños.
Danos de importancia polo alustro da pasada madrugada.
O alumeado municipal está moi afectado. Os danos son de elevada contía na ponte intreprovincial, na rúa José Novo Núñez, na rúa Cantillo, na pista de Forneiras, na rúa Mimosas e na rúa do Pilar. Arestora aínda hai moitos puntos sen luz, a pesares que a empresa de mantemento tivo que empregarse a fondo todo o día para ir corrixindo os desperfectos.
Tamén foron moi elevados os danos nas vivendas. Sobre todo nas de San Xulián houbo moitos aparellos destrozados como equipos informáticos, electrodomésticos, instalacións para a televisión dixital, etc…
