Esta pista ten entrada e saída na marxe esquerda da estrada autonómica Pontecesures-Vilagarcía (dirección Vilagarcía). Comeza fronte o antigo Bar Abrente e remata noutra intersección situada uns 150 metros máis adiante.
Unha vez rematadas as tarefas de limpeza botarase a capa de rodadura nos vindeiros días con maquinaria e material da Deputación de Pontevedra.
Segue a pavimentación de camiños en Pontecesures.
Coa maquinaria e materiais da Deputación comezou a obra para pavimentar tamén o camiño estreito que divide os termos municipais de Pontecesures e Valga. Entrase nel pola rúa dos Namorados (pola man esquerda na dirección Praza dos Valeiros-Parrillada A Charca) e sáese fronte á parrillada. Este camiño estaba practicamente en terra cos conseguintes problemas para o tránsito e incluso de salubridade.
Tamén comezou a limpeza previa para pavimentar o camiño que sae da parte alta da rúa Ullán (pola man esquerda dirección A Estrada-Pontecesures) fronte o camiño que da misma rúa sae para o CPI Pontecesures e que foi asfaltado hai uns anos (pista das Cortinallas en Infesta).
Pavimentarase a pista que une a Charca co Centro de Saúde de Baño, entre os municipios de Pontecesures e Valga.
Xa comezaron os traballos coa maquinaria da Deputación e así o camiño será pavimentado a semana que ven.
Este camiño quedou pendiente de asfaltar hai moitos anos (por mor dun ancheamento que nunca se levou a cabo) e presenta un estado lamentable, pois está en terra e cuns socavóns profundos.
Vaise pavimentar a pista co ancho que ten, respondendo así as numerosas queixas veciñais polo estado do firme.
Rematou a obra de pavimentación do aparcadoiro do cemiterio municipal de Condide.
Foi pavimentada coa maquinaria e materiais da Deputación e personal municipal o aparcadoiro do cemiterio, tanto na zona de entrada ó recinto, coma o espazo, fronte ó camposanto, que está situado na marxe esquerda da pista de subida ó Mirador do Galiñeiro.
A verdade é que estas actuacións eran moi necesarias pois o pavimento destes espazos estaba moi deteriorado.
Pavimentada a explanada do Campo de Festas de Carreiras.
Con maquinaria e materiais da Deputación e con persoal municipal, rematou a obra de pavimentación deste campo (tamén é utilizado como aparcadoiro do autobús na parada de Toxa-Carreiras do transporte escolar)
Esta obra estaba a ser moi demandada pola cidadanía, en especial pola Comisión de Festas de Carreiras.
La rede wifi dará servicio a todo el término municipal con la colocación de 14 antenas.
El presidente de la Diputación de Pontevedra, Rafael Louzán, y la alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, firmaron ayer el convenio para dotar a la villa de una red wifi de conexión inalámbrica a Internet, actuación en la que ambas administraciones invertirán 40.000 euros.